Acusan á Xunta de provocar unha “economía de coñecemento prestado” ao impulsar a maior fuga de cerebros coñecida

Acusan á Xunta de provocar unha “economía de coñecemento prestado” ao impulsar a maior fuga de cerebros coñecida

Acusan á Xunta de provocar unha “economía de coñecemento prestado” ao impulsar a maior fuga de cerebros coñecida

Concepción Burgo acusa á Xunta de incumprir o Plan de Financiamento das universidades con medidas inconstitucionais ao intentar reducir o salario do persoal

A portavoz de Universidade do Grupo Socialista, Concepción Burgo, acusou á Xunta de abocar a Galicia a unha “economía de coñecemento prestado, que veña de fora”. Así o dixo na comparecencia en Comisión do director xeral de Universidades, a quen acusou de provocar a maior fuga de cerebros coñecida en Galicia polos recortes drásticos no I+D.

Advertiu que a incidencia dos recortes levou a unha redución da política de I+D “como non se vira en ningunha circunstancia”, pasando do 1,04 por cento do PIB co goberno socialista a situarse hoxe por debaixo do 0,9 por cento. Acusou ao PP de levar a Galicia a ser “unha das comunidades autónomas que destinan menos PIB ao I+D froito das incompetencias do Goberno galego”

A responsable socialista criticou a “retórica baleira” do PP, que anuncia un “cambio do modelo produtivo” cando a realidade é que “dan os pasos na dirección oposta provocando un dano irremediable de graves consecuencias na estrutura científica e o capital humano”. Este sistema supón aplicar un “modelo neoliberal a ultranza” cando a saída da crise “debe producirse a través do impulso do I+D”.

Lembrou que a Xunta lle ten restado un total de 180 millóns de euros ao Sistema Universitario Galego dende 2010, uns recortes aos que hai que sumarlle os 22 millóns de euros que “desapareceron do sistema financeiro nos orzamentos para 2013”. Acusou ao PP de ter “incumprido o Plan de Financiamento do Sistema Universitario Galego” ao incumprir os ingresos previstos.

Retribucións

Ademais, explicou que a redución de retribucións do persoal das universidades resulta anticonstitucional porque é competencia do Estado, polo que a Xunta, explicou, “estanlle dicindo ás universidade que decidan de onde detraen o 5 por cento que lles queren recortar”. Burgo dixo que a Xunta “quere facer ás universidades responsables da súa propia ineficacia e descoñecemetno do mundo universitario”.

Acusounos de “facer trampa” ao cambiar as partidas presupostarias do Plan de Financiamento cambiando as partidas presupostarias e reducindo as partidas mensuais para gastos básicos, mentres fan depender os ingresos de partidas “aleatorias e impredecibles” como son as taxas universitarias.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar