Acusan á Xunta de "prolongar a agonía da lingua" ao recorrer a sentenza do TSXG contra o decreto do plurilingüísmo

Acusan á Xunta de "prolongar a agonía da lingua" ao recorrer a sentenza do TSXG contra o decreto do plurilingüísmo

Acusan á Xunta de "prolongar a agonía da lingua" ao recorrer a sentenza do TSXG contra o decreto do plurilingüísmo

Francisco Caamaño considera "verdadeiramente irresponsable" que a Xunta trate de presionar á oposición a costa da lingua cando "debe precisamente traballar para acadar un consenso razoable"

O portavoz de Lingua e Cultura do Grupo Socialista, Francisco Caamaño, acusou á Xunta de "prolongar a agonía da lingua" ao impoñer un recurso de casación contra a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que cuestiona "o corazón do seu Decreto do Plurilingüismo". Así o dixo no debate en Comisión dunha pregunta oral sobre o recurso diante do Tribunal Supremo que ten anunciado a Xunta.

O parlamentario socialista cualificou de "verdadeiramente irresponsable" que a Xunta teña optado por "deixar a lingua nas mans dos xulgados" cando "debera precisamente de traballar para acadar un consenso razoable". Dixo que "nada peor para unha lingua que estar nos tribunais de xustiza" e advertiu que si o Decreto foi recorrido no seu día "debeuse ao empeño de Feijóo de sacalo adiante rachando os consensos políticos" e en contra de tódolos informes emitidos (Consello da Cultura Galega, Consello Escolar, Consello Consultivo e RAG).

Lamentou que malia ter tódolos informes en contra, en troques de buscar un consenso nun tema tan sensible, o goberno de Feijóo "decidiu facer un xesto de fortaleza aprobando o decreto e provocando a falla de consenso político e social" sobre o papel da lingua na educación, "provocando que a lingua estea agora nos tribunais".

Criticou tamén a contradición do goberno galego con relación a este tema, xa que ao mesmo tempo que proclama que a sentenza do TSXG respalda o seu decreto deciden anunciar recurso diante do Tribunal Supremo.

Sinalou que, ademais da contradición que supón recorrer o que din que é satisfactorio, cae na "irresponsabilidade institucional" de prorrogar innecesariamente a situación sub iudice da nosa lingua en troques de artellar canles de solución a partir de ditas sentenzas.

Celada

Caamaño criticou que, logo de ter a sentenza, o presidente da Xunta "en troques de recoñecer o seu erro e sacar a lingua dos tribunais, tendese unha celada" realizando unha "oferta realmente imposible" e, na súa intervención da sesión de investidura, díxolle á oposición que aceptase o acordo en base a un decreto que ven de ser declarado ilegal "ou do contrario a sentenza sería recorrida".

Sinala que a ameaza de Feijóo aos grupos, no senso de "ou decreto como está ou recurso ao Tribunal Supremo", constitúe "un desprezo á legalidade", xa que si as sentenzas son incorrectas debe dicilo e recorrelas, senón que "é a mellor forma de pechar toda ponte para o diálogo e de continuar coa irresponsable xudicialización da lingua". Puntualizou que "o recurso non obedece a razóns xurídicas senón a manobras políticas do Goberno do PP xerando un problema para saír ao paso das súas propias contradicións".

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar