Acusan á Xunta de privatizar o servizo de subministro do Sergas

Acusan á Xunta de privatizar o servizo de subministro do Sergas

Acusan á Xunta de privatizar o servizo de subministro do Sergas

A parlamentaria socialista Carmen Acuña denunciou que a suposta licitación do servizo loxístico integral do Sergas anunciada no pasado consello supón na realidade “privatizar o servizo de subministro” da sanidade pública galega. Acuña levará ao Parlamento este contrato para que a Xunta dea contas pola súa “obsesión privatizadora”.

Sinala que o suposto aforro que anuncia a Xunta suporá un “aforro na calidade da atención á cidadanía”, ao introducir de novo os criterios do beneficio empresarial na sanidade. Acuña reclamou ao Executivo que “aforre recuperando o financiamento público do hospital de Vigo e os centros de saúde”, que actualmente, co modelo público – privado de Feijóo, obrigará a pagar 100 millóns de euros durante os próximos 25 anos.

A responsable socialista reclamou á Xunta que explique “que sucederá co persoal do Sergas que actualmente é responsable do servizo”. Esixiu á Xunta que manteña a prestación deste servizo con recursos propios do Sergas e acusounos de “non querer asumir a xestión da sanidade a ningún nivel”.

Iniciativa parlamentaria

Acuña anunciou unha serie de iniciativas parlamentarias para que a Xunta explique “como cre que vai mellorar a eficiencia da xestión da cadea de subministro coa privatización do servizo”, así como o destino futuro do persoal e recursos destinados a este servizo. Preguntará tamén pola responsabilidade de controlar a caducidade do material sanitario, xa que a Xunta ten admitido que esta non estaba a ser observada.

A responsable socialista esixe ao Executivo autonómico que dea conta dos procesos para garantir os desabastecementos ou retrasos diante da descentralización e centralización do servizo, así como a atención a posibles picos de aumento de consumo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar