Acusan á Xunta de presentar un plan para o Gaiás do que “a cultura desapareceu”

Acusan á Xunta de presentar un plan para o Gaiás do que “a cultura desapareceu”

Acusan á Xunta de presentar un plan para o Gaiás do que “a cultura desapareceu”

Concepción Burgo sinala que a Xunta “carece de apoio financeiro e de plan de xestión” e engade que “por non haber non hai nin cultura”

O Plan obriga a gastar 10 millóns de euros ao ano “como mínimo ata 2015” pola falla de recursos externos

A portavoz de Cultura do Grupo Socialista, Concepción Burgo, advertiu que o Plan Extratéxico para o complexo do Gaiás “fai desaparecer a cultura” mesmo da súa denominación. Así o dixo na comparecencia do conselleiro de Cultura para dar conta dun Plan que “carece de credibilidade” e “corta o acceso da cidadanía á cultura” ao dilapidar recursos públicos “sen lóxica”.

Burgo advertiu que o Plan presentado hoxe, con dous anos e medio de retraso, constitúe “a demostración palpable do fracaso do conselleiro de Cultura como xestor da Cidade da Cultura e como xestor da cultura galega”. Advertiu que “non ten apoio financeiro, non presentan un plan de xestión e por non haber non hai nin cultura”, xa que “desapareceu” do Plan, que pasou a ser un “simple proxecto administrativo”.

Criticou que a Xunta queira converter a Cidade da Cultura nun “viveiro de empresas”, tal e como ten anunciado Feijóo, xa que “será o viveiro mais caro do mundo”. Explicou que “ás empresas se lles apoia pagando as facturas e as axudas que agora están pagando cun mínimo dun ano de retraso e aumentando as axudas competitivas para industrias culturais”.

Reclamoulle á Xunta que abra as súas portas aos representantes da cultura galega para “sentarse con eles e mirar qué condicións da política cultural hai que levar a cabo”, e acusounos de “demostrar que non teñen palabra” ao non facer “nada do que din”.

Dixo que o conselleiro de Cultura “non cre na cultura senón no espectáculo e no entretemento” e lembrou que “nin sequera cre no idioma que ten a obriga que defender”. Engadiu que constitúe “o paradigma do goberno do PP, moi parco en xestión e moi excesivo en ideoloxía conservadora e inmobilista, que censura a tódalas voces críticas” en alusión aos membros das artes escénicas que protestaron no Salón Teatro de Santiago.

Aberrante

A parlamentaria socialista sinalou que o conselleiro “non ten nin credibilidade, nin plan” e optan por “cortar o acceso da cidadanía á cultura” mentres “meten recursos públicos sen lóxica no Gaiás”. Concepción Burgo cualificou de “aberrante e inaceptable” que destinen 4,5 millóns de euros a programación para un auditorio cun aforo “mínimo” mentres “as empresas culturais están pechando e perdendo emprego”.

Explicou que a Consellería de Cultura destinará “un mínimo de 10 millóns de euros ao ano ata 2015” ao carecer de previsións de ingresos. Dixo que a Xunta presentou hoxe “un conglomerado de oficinas, unha xuntanza de servidores informáticos, unha biblioteca e un arquivo con oficinas de deseño concibidas por Eisenmann e chairas a unha media de 400 euros cada unha.

Advertiu que o Goberno galego dispara o gasto de diñeiro público para este complexo mentres reduciu un 45 por cento os orzamentos destinados á cultura, destinando 1,3 millóns de euros a industrias culturais, 365 euros a novas adquisicións de bibliotecas públicas, “cero euros” ás asociacións culturais.

Cualificou o plan financeiro de “pura mentira” ao sustentarse en supostos fondos europeos, patrocinios e beneficios por entradas “cando non hai ningún estudo que sustente iso”. Explicou que “o único certo é que logo de aumentar o gasto en persoal un 30 por cento en dous anos queren aumentar de 13 a 50 traballadores.

Burgo lembrou que a Xunta “continúa dilapidando o diñeiro” nunha programación cultural “que non ten público” e carecendo de apoio empresarial cando “o único que conseguiu diñeiro privado para o Gaiás foi o presidente Touriño, que acadou 12 millóns de euros na pasada lexislatura”. Mentres, o goberno de Feijóo empezou destinando 6 millóns de euros para unha programación cultural “para 600 persoas” nun aforo de 50 espectadores.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar