Acusan á Xunta de liberalizar os horarios comerciais “pasando o rodillo” sobre o consenso parlamentario

Acusan á Xunta de liberalizar os horarios comerciais “pasando o rodillo” sobre o consenso parlamentario

Acusan á Xunta de liberalizar os horarios comerciais “pasando o rodillo” sobre o consenso parlamentario

Manel Gallego critica a “política trabucada e errática” para beneficiar ás grandes superficies comerciais “en detrimento do pequeno e mediano comercio galego”

O portavoz de comercio de consumo do Grupo Socialista, Manel Gallego, acusou á Xunta de liberalizar os horarios comerciais “pasando o rodillo” sobre o consenso parlamentario. Así o dixo no debate da modificación da Lei de horarios comerciais, que foi aprobada hoxe na Cámara cun único debate en Pleno polo procedemento “de lectura única”.

Gallego criticou que este debate express evita o debate e a presentación de emendas para aplicar unha “política trabucada e errática”. Esta nova norma, que permite abrir tódolos días da semana e amplía de 8 a 10 os festivos comerciais, beneficia tan só ás grandes superficies comerciais “en detrimento do pequeno e mediano comercio galego” e en contra dos dereitos dos traballadores.

Cualificou esta norma de “esperpéntica e surrealista” e engadiu que “non ten sentido ningún” ao liquidar o consenso de todo o sector comercial e dos partidos políticos consolidado na Lei do Comercio aprobada en 2006 por un goberno socialista en Galicia. Advertiu que a política do goberno de Feijóo, lonxe de impulsar a creación de postos de traballo, supón que “cada día pechan mais comercios e van máis traballadores ao paro”.

O responsable socialista esixiulle ao PP e a Feijóo que “recapaciten” e abran o debate desta Lei en Comisión para permitir o acordo co pequeno e mediano comercio xa que, dixo, “teñen a maioría que non teñen o respaldo do sector”. Sinalou a oposición dos comerciantes galegos para unha lei que pon en risco a conciliación da vida familiar e laboral obrigando a “traballar moitas mais horas”.

Para os socialistas galegos, Feijóo e o PP “claudican fronte aos intereses das grandes superficies” aprobando esta Lei mentres “fan que o Parlamento non sirva para nada” presentando unha Lei para a súa aprobación nunha única sesión “logo de levar meses dando voltas pola Xunta” antes da súa presentación no Parlamento.

Modificación

Manel Gallego sinalou que esta norma modifica a Lei 13/2006 de Comercio de Galicia, que preservaba o modelo comercial galego e aplicaba unha regulación de horarios para ordenar o comercio. Lembrou que daquela hoxe director xeral de Industrial, Ángel Bernardo Tahoces, defendera unha limitación dos horarios comerciais a doce horas.

Dixo que a Lei aprobada hoxe vai contra os dereitos dos traballadores do pequeno comercio e dos autónomos, que a partir de agora “terán que traballar 15 horas como mínimo”. Advertiu que as grandes superficies teñen agora vía libre para “esixir mais traballo, mais horas e menos salario” aos seus traballadores.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar