Acusan á Xunta de incumprir coa Lei da CRTVG por “interese partidista” de Feijóo

Acusan á Xunta de incumprir coa Lei da CRTVG por “interese partidista” de Feijóo

Acusan á Xunta de incumprir coa Lei da CRTVG por “interese partidista” de Feijóo

María Quintas lamenta a “submisión” do director xeral do ente co Goberno galego e lamenta o desleixo da CRTVG na promoción do galego

A portavoz do Grupo Socialista na Comisión da RTVG, María Quintas, criticou o incumprimento da Lei de Medios Públicos por parte da CRTVG por “interese partidista” de Feijóo. Así o dixo na comparecencia do director xeral do ente na Comisión de Orzamentos do Parlamento, na que criticou a súa “submisión” diante do Goberno galego.

A responsable socialista dixo que a Lei que sentaba as bases dun novo modelo de Medios Públicos de Comunicación Audiovisual de Galicia “promovendo a independencia do poder executivo, a democratización, a profesionalidade e o financiamento quedou morto polo interese partidista do PP”. Dixo que “novamente nos atopamos cun goberno que incumpre as súas promesas e un director submiso ao interese do goberno.

Quintas dixo que o PP “retrasou a aplicación da nova Lei para chegar ás eleccións autonómicas coa mesma estrutura de supeditación do ente á Xunta”, adiando a elección da nova dirección e do consello, así como a aprobación do mandato marco e a adaptación á Lei en relación á garantía da pluralidade informativa.

Dixo que, con este retraso, o PP garantiu un tratamento da información co que “en numerosas ocasións concúlcanse os principios de liberdade de expresión, obxectividade, veracidade e imparcialidade”.

Ademais, criticou que a actual dirección do ente teña renunciado á súa obriga, establecida na carta fundacional da CRTVG, de asumir un papel “activo, real e comprometido no uso da lingua”. Lamentou que o ente “utiliza a lingua galega por obriga nas emisións, en lugar cumprir coa súa función de instrumento normalizador da cultura e da lingua do noso país”.

A responsable socialista urxiu cambios para “concibir a CRTVG como un sistema de información integrado e racionalizar os procesos de produción e emisión de programas”. Advertiu que o actual organigrama resulta “inadecuado, cunha estrutura de persoal configurada sen ter en conta qué postos de traballo son necesarios e qué cometidos e tarefas deben desenvolver”.

A consecuencia desta xestión supón unha baixa significativa na previsión de ingresos por publicidade, que por primeira vez sitúanse por debaixo dos 10 millóns de euros nun organismo que xestionará 100 millóns de euros en 2013, co que reduce sistematicamente a produción propia e incumpre os requisitos legais de apoio produción audiovisual.

Quintas apuntou a “incapacidade de acceder a mais recursos” por parte da actual dirección evidencian que o ente resulta “carísimo para ser un gabinete de prensa do presidente da Xunta de Galicia”. Diante da precaria situación financeira da CRTVG, reclamoulle ao director xeral do ente público que explique si vai facer un ERE para despedir entre 300 e 400 traballadores do ente.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar