Acusan á Xunta de implantar unilateralmente o copago no centro de Saiar de Caldas de Reis

Acusan á Xunta de implantar unilateralmente o copago no centro de Saiar de Caldas de Reis

Beatriz Sestayo acusa á conselleira Mato de executar con este centro a súa “folla de ruta para cobrar polos dereitos dos cidadáns”

A portavoz de Políticas Sociais do Grupo Socialista, Beatriz Sestayo, acusou á Xunta de implantar o copago no centro de Saiar de Caldas de Reis de xeito unilateral. A responsable socialista presentou unha pregunta oral no Pleno do Parlamento na que acusou ao goberno galego de executar con este centro a súa “folla de ruta para cobrar polos dereitos dos cidadáns”.

A responsable socialista acusou á Xunta de implantar o copago neste centro referencia no desenvolvemento de actuacións e programas de inserción social para persoas con discapacidade que ademais non forma parte da rede da dependencia. Dixo polo tanto que o cobro polos servizos deste centro, tal e como asegurou onte a conselleira, supón unha “situación irregular” que reduce os dereitos dos galegos e galegas.

Advertiu que o PP dende a Xunta asegura que “non reducen dereitos senón que cobran por eles” e engadiu que “iso supón que hai persoas que deixan de percibilos porque dependen dunhas políticas sociais gratuítas”. Acusou á conselleira de Benestar de “mentir cada vez que fala” porque “a realidade é que neste centro antes non se cobraba e agora si”.

Lamentou que, dende a toma de posesión do goberno de Feijóo, a privatización dos servizos públicos ven sendo unha característica dun goberno depredador das políticas e dos servizos sociais. Sinalou que a privatización de centros de día, de residencias e ata de escolas infantís “ven sendo unha folla de ruta invariable no Goberno da dereita galega”.

Ademais, explicou que Galicia tense colocado, nunha soa lexislatura de Feijóo, “nos últimos postos no conxunto do Estado, incrementando un 400 por cen as listas de espera para a atención dos dependentes”. Dixo que a falla de proxecto social en Galicia “ven ocasionando inxustizas sociais sen precedentes” co obxectivo de “facer de calquera servizo público un negocio para uns poucos a costa dos mais vulnerables”.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar