Acusan á Xunta de “facer todo o posible para rematar co Centro Dramático Galego”

Acusan á Xunta de “facer todo o posible para rematar co Centro Dramático Galego”

Acusan á Xunta de “facer todo o posible para rematar co Centro Dramático Galego”

Concepción Burgo sinala que os “continuos recortes” da Consellería “poñen en perigo todo o traballo desta institución”


A portavoz de Cultura do Grupo Socialista, Concepción Burgo, acusou hoxe á Xunta de “facer todo o posible para terminar co Centro Dramático Galego”. Burgo presentou unha pregunta na Comisión de Cultura do Parlamento na que esixiu á Xunta que dea conta das accións previstas para potenciar o ente logo de despedir á súa directora nun “acto de censura” por parte do conselleiro de Cultura.

Burgo amosou o mais firme rexeitamento do Grupo Socialista ante o recoñecemento, por parte do director xeral do Agadir, de que teñen prohibido o acto de celebración do Día Mundial do Teatro porque era un acto reivindicativo. Diante do recoñecemento expreso de ter exercido “censura” sobre a Plataforma de Artes Escénicas, amosou a súa oposición frontal a un “recorte intolerable á liberdade de expresión”.

Engadiu que esta situación responde a unha “deriva totalitaria” por parte do PP con respecto á cultura e demostran unha “actitude intolerante” ao admitir tan só as manifestacións culturais acordes coa súa ideoloxía.

Diminuído

Sinala que o CDG ten xa unha historia de mais de 25 anos, cando foi creado como resposta ás demandas do sector escénico, nos que constituíuse no “centro de produción cultural mais importante de Galicia”. Isto non impide que estea sendo “diminuído de forma continua polo Goberno da actual Xunta de Galicia, ata o extremo de que os propios profesionais do teatro dubidan das súas posibilidades de continuidade”.

Engadiu que a actuación da Consellería de Cultura “restrinxiu dende o comezo as posibilidades do Centro Dramático”, manténdoo un ano sen dirección e polas fortes restricións orzamentarias. Lembrou que este descendeu en máis dun 60 por cento dende 2009, ata que neste 2012 dispón dun “orzamento exiguo que fai moi difícil a produción propia, auténtica razón de ser do centro”.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar