Acusan á Xunta de facer da Cidade da Cultura un “comedeiro de diñeiro” que “afoga a política cultural de Galicia”

Acusan á Xunta de facer da Cidade da Cultura un “comedeiro de diñeiro” que “afoga a política cultural de Galicia”

Acusan á Xunta de facer da Cidade da Cultura un “comedeiro de diñeiro” que “afoga a política cultural de Galicia”

Concepción Burgo advirte que suporá un gasto global mínimo de 17 millóns de euros só en 2012 e “sen rendibilidade algunha” mentres o orzamento de Cultura reduciuse un 50 por cento dende 2009

A portavoz de Cultura do Grupo Socialista, Concepción Burgo, acusou hoxe á Xunta de ter feito da Cidade da Cultura un “comedeiro de diñeiro” que suporá un gasto mínimo de 17 millóns de euros con cargo ao orzamento de 2012. No debate dunha pregunta en Comisión parlamentaria, criticou que este despilfarro carece de “rendibilidade algunha” mentres “afoga a política cultural de Galicia”.

Burgo sinalou que o orzamento destinado a este complexo “consume tódalas políticas culturais que a Xunta está levando a cabo” ao continuar medrando mentres o investimento destinado á cultura reduciuse nun 50 por cento dende 2009. Advertiu que cada vez destinan mais recursos a unha programación sen rendibilidade económica nin cultural e que “non significou en ningún momento apoio ás industrias culturais”.

A portavoz de Cultura explicou que os orzamentos correspondentes a 2012 incorporan unha partida de 8 millóns de euros para obras e dotación dos edificios do complexo sorprendentemente logo de telas paralizado, outros 4,7 para programación e 4,5 para “outros obxectivos” que, puntualizou, “nunca foron explicados pola Xunta”. A estas partidas súmanse os 3,5 millóns da Fundación Gaiás, procedentes tamén en parte do orzamento público.

En total superan os 20 millóns de euros mentres a Consellería reduciu “a cero” as axudas destinadas ás asociacións culturais, deixou os investimentos para industrias culturais en 3,1 millóns de euros e as bibliotecas públicas contan tan só cun orzamento de 1,5 millóns de euros en total para adquisición de fondos e mellora das instalacións.

A responsable socialista esixiu “transparencia” á Xunta para recoñecer o presuposto real para este complexo e cómo acadarán a rendibilidade económica que prometeu o presidente da Xunta e que “non vemos por ningún lado”. Apuntou que á opacidade e falla de transparencia “súmanse as mentiras nas que caeron ao anunciar un Plan Estratéxico 2012 – 2018 que non aparece por ningún lado”.

Esixiu que “deixen de tirar diñeiro” na Cidade da Cultura e comecen a defender a cultura “de base” a apoiar aos creadores e ás bibliotecas galegas, sectores esquecidos mentres o goberno centra o seu empeño nun complexo que “baleira de contido outras infraestruturas con mais e mellor aforo”.

Engadiu que o Gaiás tan só recibiu 80.000 habitantes en 6 meses, moi por debaixo dos 300.000 que contabilizaron no ano pasado malia que non teñan un control fiable das visitas, e que a maior parte destas correspondan a público “cautivo”, a través de visitas organizadas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar