Acusan á Xunta de estar a abrir unha fenda social de orixe ideolóxica co recorte aos concellos do 80% do Plan Concertado de Servizos Sociais

Acusan á Xunta de estar a abrir unha fenda social de orixe ideolóxica co recorte aos concellos do 80% do Plan Concertado de Servizos Sociais

A portavoz de Servizos Sociais do Grupo Socialista, Beatriz Sestayo, acusa aos gobernos populares de aplicar recortes aos Servizos Sociais, á Educación e á Sanidade en aplicación da súa ideoloxía ultraliberal e para dividir a sociedade en ricos e pobres

http://onlineforextradingg.com/


O recorte da Axuda a Domicilio, a eliminación dos equipos de inclusión e o atraso nos pagos do RISGA son medidas que contribúen a destruír os Servizo Sociais e deixar paso á Beneficencia

A deputada socialista, Beatriz Sestayo, acusou á Xunta de ter recortado o Plan Concertado de Servizos Sociais nos concellos do 80%, recorte que conduce indefectiblemente á imposibilidade de desenvolver os servizos sociais municipais, “imprescindibles para unha sociedade xusta e solidaria, como se levan desenvolvendo case toda a democracia”.

A portavoz de Servizos Sociais do Grupo Socialista condenou as palabras pronunciadas hoxe no Pleno polo presidente Feijóo atribuíndo ao seu Goberno o período con máis Servizos Sociais, cando “están a destruír os servizos sociais”.

De novo “xurde a Beneficencia” no discurso do Goberno de Feijóo, denunciou Sestayo, que atribuíu a unha motivación ideolóxica a aplicación de recortes a Servizos Sociais, Educación e Sanidade públicas, porque son políticas que garanten a dignidade e a favorecen a igualdade das persoas.

Unha ideoloxía “ultraliberal” que, advirte Sestayo, “non pode saltarse as leis, o Estatuto e a Constitución”. Recorda que “estamos nun Estado social e de dereito, e, por tanto, a Administración intervén para corrixir as desigualdades sociais”.

Afirma a deputada socialista que, “cando goberna a dereita interesa potenciar as brechas sociais e colocar a xente no seu sitio” a dividir a sociedade en “ricos e pobres, amos e escravos”.

“Por iso recortan a axuda a domicilio” acusa Sestayo, porque as persoas que teñen que pagar o 90% por un servizo público non poderán acceder a el. Por iso 24.951 dependentes, cos seus dereitos recoñecidos, non cobran a prestación. Por iso eliminan os equipos de inclusión social, que atendían a 6.000 familias en risco de pobreza. Por iso a Xunta paga o RISGA con unha demora de sete meses. Son os argumentos da deputada socialista para concluír que os populares “gobernan para as persoas da súa estirpe”.

Acusou ó Goberno de Feijóo de ter destruído “aquelas políticas de inserción que facían vivir en condicións de igualdade a persoas e familias en risco de exclusión social”. Dirixíndose á Conselleira de Traballo e Benestar, recriminoulle que estas persoas queden á marxe do sistema, “ás colas dos bancos de alimentos, que por certo, xa non chegan”, dixo.

Preguntas sen contestar

A parlamentaria socialista reprochou á conselleira Mato que se considere con capacidade de vir ao Parlamento a “insultar, a mentir e a non contestar” as preguntas da Oposición.

Reclamou o amparo da Presidencia do Parlamento para o seu grupo para que unha membro do Goberno cumpra o regulamento da Cámara.

A interpelación socialista viña motivada pola intervención da Secretaria Xeral de Benestar, Coro Piñeiro, na comisión parlamentaria celebrada en decembro de 2011 na que acusaba aos concellos de cubrir as solicitudes das axudas segundo mellor lles vai e culpaba da asfixia dos concellos en materia de servizos sociais aos responsables políticos e técnicos, que non se lían a orde.

Preguntou tamén Sestayo pola afirmación de Piñeiro de que non hai crédito dispoñible para cubrir todas as necesidades e que parte do financiamento das políticas sociais irían a cargo do usuario, interesándose por se alcanzará a máis ámbitos que ao da dependencia.

Sestayo tamén preguntaba a Mato se rectificaría os recortes nas subvencións aos concellos do Plan concertado e cumprir así coa súa palabra de non recortar nunca os fondos para o devandito plan.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar