Acusan á Xunta de “escamotear” dous millóns de euros para promoción de liñas low-cost en Alvedro e Peinador

Acusan á Xunta de “escamotear” dous millóns de euros para promoción de liñas low-cost en Alvedro e Peinador

Acusan á Xunta de “escamotear” dous millóns de euros para promoción de liñas low-cost en Alvedro e Peinador

José Luis Méndez Romeu advirte que a campaña foi substituída na Coruña por unha campaña de 63.000 euros para 50 taxis en todo Londres

O parlamentario socialista José Luis Méndez Romeu acusou á Xunta de ter “escamoteado abertamente” dous millóns de euros correspondentes ás campañas de promoción de liñas low-cost para os aeroportos de Alvedro e Peinador que desapareceron dos orzamentos. O responsable socialista preguntou en Comisión pola substitución destas campañas por unha de 63.000 euros para 50 taxis en todo Londres.

Salientou que “faltan 2 millóns de euros –un para Alvedro e un para Peinador- que o ano pasado estaban e foron eliminados”, incidindo nunha “dobre discriminación” para as principais cidades de Galicia. Acusou ao goberno galego de “xogar con cubiletes trileiros” ao anunciar unha campaña de promoción do aeroporto da Coruña que en realidade supón 63.000 euros para publicidade en só 50 dos 20.000 taxis de Londres.

Por este motivo considera que a campaña é “un engano” para os operadores turísticos que “teñen dereito a esforzos proporcionados ao seu investimento” e os cidadáns que teñen dereito a unha campaña “proporcional aos investimentos retirados.

Redución orzamentaria

Acusou á Xunta de ter minorado un 40 por cento o orzamento para turismo nos últimos tres anos, mentres en 2011 esta secretaría xeral “non foi quén de executar o 30 por cento do seu orzamento”. A consecuencia, dixo, é que as pernoctacións “caeron notablemente nas cidades” nunha Comunidade Autónoma que só recibe o 5 por cento as viaxes interiores, cunha estancia media de 2,2 días.

Criticou que as campañas organizadas polo goberno galego están “pouco orientadas”, obvian as aportacións dos profesionais e presentan lemas “sen testar”, mentres na web de Turgalicia “só existe o Camiño de Santiago”. Acusou ao goberno galego de obrigar a unha caída xeneralizada dos prezos no sector turístico pola baixa demanda, o que provoca a descapitalización das empresas e a minoración da calidade.

Advertiu que o propio sector sinala que o proceso é “un suicidio” xa que, ao competir na redución de prezos, resulta imposible realizar investimentos de reposición e os profesionais mais cualificados optan por ofertas fora do territorio. Sinalou que o sector amósase “uniforme” en considerar que a secretaría xeral de Turismo “adoita responder con indiferenza ou descoñecemento”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar