Acusan á Xunta de eludir dar conta de 9 millóns de euros de gasto en alugueiros

Acusan á Xunta de eludir dar conta de 9 millóns de euros de gasto en alugueiros

Acusan á Xunta de eludir dar conta de 9 millóns de euros de gasto en alugueiros

María José Caride censura que o Goberno “presuma” dun aforro de 1,6 millóns mentres condonan unha multa de 3,2 a Telmo Martín e “despilfarran” 4,5 nun convenio de externalización coa CEG

A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Socialista, María José Caride, acusou á Xunta de ter dado conta hoxe de 6 millóns de euros en alugueiros cando o pago supera os 15. Na comparecencia en Comisión sobre o gasto en patrimonio inmobiliario, acusou ao goberno galego de eludir o control parlamentario sobre 9 millóns de euros de gasto en alugueiros.

Salientou que mentres o goberno galego deu conta de 6 millóns de euros correspondentes aos custes dos seus inmobles, a realidade é que incluíndo os entes autónomos este custe ascende ata os 10 millóns, e incorporando as instalacións no exterior, tanto no resto do Estado como no estranxeiro, o custe supera os 15 millóns de euros.

Caride aprobou calquera aforro en alugueiros, explicable polo actual contexto de crise inmobiliaria, pero criticou que a Xunta teña “presumido” dun suposto aforro de 1,6 millóns de euros cando a realidade é que condonan unha multa de 3,2 millóns de euros á empresa inmobiliaria do actual deputado do PP Telmo Martín, o dobre do aforrado.

A responsable socialista sinalou que mentes o goberno galego da conta dunha suposta redución dun 10 por cento, reduce os investimentos para políticas activas de emprego en mais dun 50 por cento. Apuntou que “danos unha diferenza clara entre o tratamento entre quen hoxe o está pasando peor e o que fan cos gastos correntes da Xunta de Galicia”.

Igape

Advertiu ademais que “despilfarren” 4,5 millóns de euros nun convenio coa Confederación de Empresarios para xestionar as actuacións do Igape no estranxeiro para unha actuación que “non ten finalidade, non se renden contas, non ten control político, transparencia nin rigor”. Sinalou que dito convenio tamén é dedicado á contratación de alugueiros mentres a Xunta mantén inmobles do Igape no exterior.

Caride acusou ao goberno galego de manter instalacións “improdutivas, pouco utilizadas ou infrautilizadas” e lembrou que o Parlamento ten aprobado unha iniciativa para que a Xunta elabore e presente publicamente un inventario de bens inmobles que a día de hoxe non foi presentado.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar