Acusan á Xunta de dilatar o desenvolvemento da Lei de Emerxencias para agochar que “non está a facer nada”

Acusan á Xunta de dilatar o desenvolvemento da Lei de Emerxencias para agochar que “non está a facer nada”

Acusan á Xunta de dilatar o desenvolvemento da Lei de Emerxencias para agochar que “non está a facer nada”

Juan Carlos Francisco critica que o PP rexeite a proposta socialista para a elaboración dun Mapa de Emerxencias e a constitución dos consorcios provinciais de extinción de incendios de Ourense e Pontevedra antes de xullo

O portavoz de Interior do Grupo Socialista, Juan Carlos Francisco, acusou hoxe á Xunta de dilatar o desenvolvemento da Lei de Emerxencias de Galicia. Así o dixo logo do rexeitamento do PP a unha proposición non de Lei do PSdeG para a elaboración dun Mapa de Emerxencias e a constitución dos consorcios provinciais de extinción de incendios de Ourense e Pontevedra antes de xullo.

Acusou ao PP de “enganar durante tres anos” para agochar que “non están a facer nada”, e lamentou que teñen paralizado a Lei. Explicou que non constituíron un só parque de bombeiros novo, tampouco fixeron o Plan Director de Servizos contra Incendios, non aprobaron o regulamento dos bombeiros profesionais e voluntarios e votaron en contra dun protocolo de actuación de fenómenos meteorolóxicos adversos.

Lembrou que esta norma, aprobada na pasada lexislatura, artellaba “un sistema integrado de emerxencias e protección civil para dar resposta dun xeito coordinado de todas as administracións públicas que operan na Comunidade Autónoma”.

Mapa de Emerxencias e consorcios provinciais

Os socialistas reclamaron hoxe á Xunta que peche, antes de xullo, do Mapa de Emerxencias para Galicia, ademais de concluír, tamén antes dese mes, os consorcios provinciais de extinción de incendios e de salvamento das provincias de Pontevedra e Ourense, que a día de hoxe carecen deles. Dixo que a ausencia destas medidas “explica o caos do Goberno cada vez que é necesario despregar os servizos de emerxencia”.

Juan Carlos Francisco sinalou que a ausencia dun Mapa de Emerxencias que identifique as comarcas e ámbitos xeográficos susceptibles de ser especialmente sensibles aos riscos, xunto coa paralización do Mapa de Zonas Inundables, iniciado na pasada lexislatura, pon de manifesto “o nulo compromiso da Xunta de Galicia co desenvolvemento dunha política de emerxencias integral e coordinada”.

Sinalou ademais que a Xunta renuncia á constitución dos consorcios provinciais de Pontevedra e Ourense “por mor dun enfrontamento político interno no propio PP”. Isto provoca que a propia Xutna vulnere a norma e renuncie a un instrumento “de capital importancia para articular as políticas de emerxencias, xa que integran, dirixen e coordinan os consorcios comarcais e a política de protección civil e de emerxencias”.

Lembrou que o propio conselleiro de Presidencia comprometeuse persoalmente a constituír os devanditos consorcios antes do remate do ano 2010, unha promesa que a día de hoxe, en maio de 2012, permanece incumprida. Dixo que este compromiso, así como a dotación de 32 parques de bombeiros operativos en 2011 “non deixan de ser meras declaracións de intencións”.

Juan Carlos Francisco salientou o “nulo compromiso orzamentario amosado nos presupostos que se aprobaron para o ano 2012”. Así, “a pretensión de contar cun parque de bombeiros a non mais de 20 minutos de calquera núcleo de poboación non concorda coa realidade de moitas comarcas de Galicia absolutamente abandonadas nas políticas de emerxencias da Xunta” e citou Ribeiro, Baixa Limia, Castro Caldelas ou Ulla – Umia.

Grumir

Sinalou tamén a “enorme incerteza” por parte dos concellos e dos propios traballadores sobre a continuidade dos denominados Grupos Municipais de Intervención Rápida –Grumir-. Explicou que esta situación resulta ademais “de gravidade” no caso dos concellos que carecen dun parque comarcal de bombeiros no seu territorio e que “vén cómo se quedan sen operativos de emerxencias de de intervención inmediata”.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar