Acusan á Xunta de “dificultar seriamente o acceso dos maiores á atención primaria” ao impoñer a central de chamadas informatizada

Acusan á Xunta de “dificultar seriamente o acceso dos maiores á atención primaria” ao impoñer a central de chamadas informatizada

Acusan á Xunta de “dificultar seriamente o acceso dos maiores á atención primaria” ao impoñer a central de chamadas informatizada

O PP vota en contra de recuperar a atención persoal na central de chamadas do Sergas

Carmen Acuña advirte do “efecto disuasorio” deste sistema de cita previa no rural galego que “pon en cuestión a accesibilidade” á atención primaria

A parlamentaria socialista Carmen Acuña acusou á Xunta de “dificultar seriamente o acceso dos maiores á atención primaria” ao impoñer unha central de chamadas informatizada para solicitar cita previa. Así o dixo no debate dunha Proposición non de Lei en Comisión para recuperar a atención persoal na central de chamadas do Sergas, que foi rexeitada polo PP.

A responsable socialista explicou que o modelo informatizado funciona como “elemento disuasorio” para que os maiores “consuman menos recursos sanitarios” xa que resulta “moito mais complicado e difícil cando o paciente é unha persoa maior non familiarizada co sistema, que non escoita ou non pronuncia ben. Este mecanismo, dixo, “pon en cuestión a accesibilidade”, que supón a característica fundamental da atención primaria.

Acusou ao goberno galego de obrigar a estes pacientes a renunciar a utilizar a atención telefónica para consulta ou pedir cita previa, obrigándoos a desprazarse ata o Centro de Saúde, unha situación especialmente grave no rural, onde carecen de transporte público e están obrigados a pagar un taxi para pedir cita e outro para a consulta. Engadiu que, sumado ao copago da medicación “pon as cousas negras aos pensionistas”.

Acuña dixo que “a teñen emprendida cos pensionistas porque gastan moito e producen pouco” que é “todo o contrario do que busca este goberno austero cos demais e economicista co público”. Criticou que o modelo resulta “inxusto, non equitativo e pon en dificultade aos mais anciáns”, ademais de “renunciar á oportunidade de crear emprego” nesta atención telefónica.

Reclamou que a acción da Xunta sexa “xusta, eficaz e honrada” antes que austera, e replicoulle ao PP que “non é honrado dicir que poden escoller a atención persoal porque non é verdade, non hai opción de derivar a consulta a unha persoa”. Ademais, criticou a “falla de coherencia” xa que na pasada lexislatura “emprenderon un ataque feroz á central de chamadas” malia que era atendida por unha persoa e non por unha máquina.

Criticou a “falla de sensibilidade” do Grupo Popular, que votou en contra desta proposta desoíndo o “clamor da rúa” de centos de veciños maiores “que visitan aos alcaldes do rural desesperados solicitando axuda” e formulan “innumerables queixas”.

A proposta rexeitada hoxe polo PP reclamáballe á Xunta “que se garanta de forma inmediata que todas as chamadas efectuadas á central de chamadas do Sergas sexa atendida por unha persoa como primeira opción”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar