Acusan á Xunta de deixar sen executar mais de 100 millóns de euros de fondos comunitarios para prevención de incendios

Acusan á Xunta de deixar sen executar mais de 100 millóns de euros de fondos comunitarios para prevención de incendios

Acusan á Xunta de deixar sen executar mais de 100 millóns de euros de fondos comunitarios para prevención de incendios

Carmen Gallego lamenta que o abandono do goberno galego fixo arder 12.000 hectáreas de espazos protexidos dende outono pasado

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Carmen Gallego, dixo que a Xunta mantén sen executar mais de 100 millóns de euros de fondos comunitarios Feader que poderían ser aproveitados para labores de prevención de incendios. A responsable socialista levou a Comisión parlamentaria unha pregunta sobre o abandono dos espazos protexidos polo goberno galego.

A responsable socialista explicou que a Xunta ten a obriga de investir nos espazos protexidos como mínimo o 12 por cento dos 800 millóns de euros dos fondos Feader 2007-2013, que suman os mais de 100 “dispoñibles e que non se executan”, ademais de 900.000 euros as Fragas do Eume e convenios superiores a 500.000 euros para o Xurés en materia de conservación da natureza que son adiados ano tras ano sen investir.

Advertiu que a consecuencia é que nos parques naturais das Fragas do Eume, da Serra do Xurés, do Invernadoiro e do Macizo Central Ourensán teñen ardido mais de 12.000 hectáreas dende o outono pasado sen que a Xunta teña tomado “unha soa medida de rexeneración” destes espazos. Dixo que “teñen razón” tanto os veciños do Xurés ou os das Fragas do Eume que ven cómo as axudas prometidas pola Xunta non chegan.

Gallego engadiu que ademais de deixar sen aplicar as axudas aos espazos protexidos, o Goberno galego está desmantelando as casetas de vixilancia e desmantelan as brigadas de investigación. Advertiu que no concello da Capela, o mais afectado polo lume das Fragas, foi retirada unha caseta en Queixeira, mentres a de Penacesa estaba desocupada no momento do lume porque a xornada laboral empezaba ás 4 da tarde.

Criticou que as políticas da Xunta “non teñan en conta que os espazos naturais protexidos deberan ter unha protección fronte aos lumes forestais da que carecen logo de 3 anos de goberno de Feijóo”. Así, sinalou que “non é de recibo o desmantelamento das casetas no entorno dun parque natural como o das Fragas do Eume”.

Engadiu que “tampouco é de recibo que o delegado do goberno estivera desaparecido toda a fin de semana na que arderon as Fragas do Eume, e tampouco o é que lles teña comprometido aos veciños do Xurés un millón de euros para rexenerar dos que aínda non se sabe nada”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar