Acusan á Xunta de “cargarlle a crise aos enfermos”

Acusan á Xunta de “cargarlle a crise aos enfermos”

Acusan á Xunta de “cargarlle a crise aos enfermos”

O PP rexeita unha iniciativa socialista para que a Xunta renuncie ás medidas farmacéuticas discriminatorias

Modesto Pose acusa á Xunta de respaldar medidas discriminatorias ao implantar o copago ou a retirada de fármacos da seguridade social

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Modesto Pose, acusou á Xunta de Galicia de “cargarlle os custes da crise aos enfermos e enfermas” porque son “quen menos se pode defender”. Así o dixo logo de que o PP rexeitara en Comisión parlamentaria unha iniciativa socialista para que a Xunta renunciara á aplicación de medidas farmacéuticas discriminatorias como o copago ou a retirada de fármacos.

Pose dixo hoxe que “ós enfermos non son os responsables da crise bancaria” e lamentou que “haxa recursos para pagarlle aos bancos o financiamento do sistema a costa de quen menos se pode defender, que son os enfermos”. Aludiu así á implantación do copago de medicamentos, que será implantado a partires do domingo, e á retirada de 450 fármacos da seguridade social.

Modesto Pose esixiu ao goberno galego que garanta a asistencia “pública, universal e gratuíta” e acusounos de “abrir o camiño da diferenciación entre os cidadáns” con medidas sen repercusión económica e “significado para a loita contra a crise desgrazadamente cero”. Reclamoulles que “estuden mais as cousas e presenten un plan global en lugar de improvisar e facer política de cara á galería”.

Propaganda

Acusou ao goberno de “tomar medidas que non teñen mais sentido que o propagandístico”, xa que “pretenden aforrar por un lado e dilapidar polo outro” ao retirar fármacos e prestacións sanitarias mentres “malgastan recursos en construcións de hospitais ou aplicando modelos que son o dobre ou tripla de caros”.

Fixo alusión neste sentido ao gasto de 300 millóns de euros no novo Hospital Monte Carrasco de Pontevedra cando “non é o momento de facer un inmoble novo”, ou ao financiamento do Hospital de Vigo con financiamento público privado, que triplica o custe orixinal ao obrigar á Xunta a pagar de intereses anuais.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar