Acusan á Xunta de “apostar pola cultura do desastre” en lugar de desenvolver os sistemas de seguranza para os pesqueiros

Acusan á Xunta de “apostar pola cultura do desastre” en lugar de desenvolver os sistemas de seguranza para os pesqueiros

Acusan á Xunta de “apostar pola cultura do desastre” en lugar de desenvolver os sistemas de seguranza para os pesqueiros

José Luis Méndez Romeu salienta que Pesca deixou sen executar 180 millóns de euros e reclama “unha pequena partida” deses fondos á aplicación do sistema Kafloat para impedir o afundimento de buques sinistrados

O portavoz de Economía, Industria e Innovación do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, acusou á Xunta de “apostar pola cultura do desastre en lugar de previr e investir en recursos de salvamento. Así o dixo no debate dunha pregunta oral na Comisión de Pesca na que reclamou a aplicación do sistema galego antiafundimento de buques Kafloat.

Acusou ao goberno galego de priorizar os investimentos nos recursos de salvamento “en lugar da prevención” ao igual que “en lugar de previr a sinistralidade nos montes desenvolvamos a economía do lume”. Advertiu que a falla de recursos xa non é unha escusa para o goberno galego polo baixo nivel de execución orzamentaria rexistrado no ano 2011.

Méndez Romeu parafraseou as palabras de Rajoy pedindo “uns poucos euros”, xa que, dixo, a Consellería do Mar deixou sen executar en 2011 un total de 180 millóns de euros en transferencias de capital que “ben podían ir dedicados ao desenvolvemento e aplicación destes sistemas de seguridade”. Sinalou que a Xunta “deixou sen executar en 2011 un total de 842 millóns de euros de operacións de capital –capítulos VI e VII-”.

Reclamou o investimento no desenvolvemento deste sistema que incrementa a seguridade para os pesqueiros galegos e que ademais desenvolvería a innovación, xa que existe unha patente galega, e garantiría carga de traballo para os estaleiros desta Comunidade Autónoma. Esixiu unha explicación de “cómo é posible que as patentes desenvoltas en Galicia non poidan ser trasladadas ao sector”.

O parlamentario socialista criticou que en condicións de “estrema dureza, recorte de dereitos e minoración de recursos para a economía produtiva” a Xunta deixa de investir mentres “tódolos días tódolos expertos de España e do mundo din que sen crecemento non hai recuperación”.

Mentres, criticou, o Goberno galego “está na cultura da subvención e de non ser quén de sacar ao país do desánimo e caída da actividade” e reclamou que “dean avais ou créditos e non só subvencións”.

Kafloat

O responsable socialista sinalou que o sistema Kafloat, patentado por unha empresa galega en 1997, consiste nunha serie de flotadores que se activan no caso de entrada de auga no buque, evitando o afundimento a lo menos durante 24 horas, incrementando as posibilidades de rescate da tripulación, que non ten que abandonar o barco, e mesmo da recuperación da nave.

Este sistema foi testado pola dirección xeral da Mariña Mercante en 2007 e autorizado para ser instalado, malia que a súa dificultade e alto custe fai que os armadores reclamen ao Goberno o incremento no financiamento dos custes desta operación, tendo a calada por resposta. O resultado, dixo, é que o desinterese da Xunta supón que os buques non instalan un mecanismo que permitiría evitar numerosas traxedias marítimas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar