Acusan á Xunta de “anular na práctica” o Plan de Desenvolvemento Rural

Acusan á Xunta de “anular na práctica” o Plan de Desenvolvemento Rural

Acusan á Xunta de “anular na práctica” o Plan de Desenvolvemento Rural

Sonia Verdes critica a paralización dos investimentos e acusan á Xunta de presentalo agora para “lavar a cara” de Feijóo logo de 3 anos de desgoberno e incompetencia

A portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Sonia Verdes, acusou á Xunta de “ter anulado na practica” o programa de desenvolvemento rural ao recortar e paralizar os investimentos. Así o dixo na comparecencia do director xeral de Desenvolvemento Rural para informar do Plan de Desenvolvemento Rural, que tivo lugar en Comisión parlamentaria.

Verdes considerou un “escándalo” que o goberno galego teña recortado mais do 57 por cento os investimentos e en mais dun 59 por cento as operacións de capital só no ano 2012. Explicou que a realidade é que a realidade é que “recortan servizos para a poboación rural, para os concellos e para os veciños e veciñas”, deixando de gastar mais de 14 millóns de euros no programa de fixación de poboación rural.

Dixo que o PP ten recortado o 85 por cento dos 200 millóns de euros comprometidos pola Lei, deixando apenas 28 millóns de euros para toda España, 17 dos cales destinados a Galicia co obxectivo de “tentar lavar a cara de Feijóo logo de tres anos de desgoberno e incompetencia”.

Explicou que teñen feito desta Lei unha norma “discrecional, partidista e electoralista, con actuacións deslabazadas e accións oportunistas con efectos a curto prazo para repartir favores nos concellos gobernados polo PP e remendar o desgoberno e a falla de xestión e os incumprimentos do goberno de Feijóo cos alcaldes do PP”.

Sonia Verdes criticou que mentres deixan de gastar 161 millóns de euros de Medio rural correspondentes ao orzamento de 2011, a meirande parte procedente de fondos europeos que permitirían multiplicar por catro os recursos propios. Mentres, advertiu, priorizan os 17 millóns correspondentes a esta Lei para “repartilos ao seu antollo cos alcaldes do PP e os comisarios políticos nas delegacións territoriais”.

Acusou á Xunta de “atender unicamente aos seus intereses” paralizando a aplicación da Lei durante dous anos “pola súa incompetencia e o seu nulo compromiso”, optando por “manipulala dende un principio, boicoteando os procesos de participación pública, negando a participación de todos os concellos e das organizacións agrarias e sindicais no proceso de elaboración dos plans de zona para identificar as medidas estratéxicas”.

Dixo que a Xunta “carece de ningunha estratexia para dinamizar os concellos do rural galego, reparten partidas pírricas, illadas, de xeito discrecional e partidista, con escasa pegada no desenvolvemento futuro, cun interese a moi curto prazo, que é do que pretendía escapar esta Lei”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar