Acusan á Xunta de aforrar oficinas tributarias “afastando a administración dos cidadáns” e provocando o “bloqueo” do servizo

Acusan á Xunta de aforrar oficinas tributarias “afastando a administración dos cidadáns” e provocando o “bloqueo” do servizo

Acusan á Xunta de aforrar oficinas tributarias “afastando a administración dos cidadáns” e provocando o “bloqueo” do servizo

María José Caride cualifica de “tomadura de pelo” a constitución dunha Axencia Tributaria de Galicia “de atrezzo” que xa fora aprobada hai ano e medio

A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Socialista, María José Caride, criticou que o anuncio da Xunta de constituír unha Axencia Tributaria Galega supoña a eliminación de 42 oficinas recadadoras. Nunha pregunta ao Goberno na sesión de control do Pleno do Parlamento, a parlamentaria socialista acusou á Xunta de “afastar a administración dos cidadáns”.

Lamentou que o anuncio de creación desta Axencia Tributaria propia, ademais de ter sido xa acordado hai ano e medio na Lei de Acompañamento aos Orzamentos, suporá de facto o “bloqueo” do servizo ao limitarse exclusivamente a súa presenza a cinco cidades galegas. Sinalou que “en lugar de ter unha administración mais preto, os cidadáns van estar mais afastados” ao pasar das 22 localizacións actuais a só “cinco ou seis”.

Acusou á Xunta de aplicar “a idea de aforrar a costa de que sexan os contribuíntes os que gasten, e que teñan ou ben que desprazarse quilómetros para facer as súas xestións ou ben contratar a unha asesoría que llelo tramite”. Lamentou que “cando levan ano e medio coa Axencia Tributaria creada e sen dar un paso, o primeiro que dan é para suprimir o principio de proximidade aos cidadáns”.

Tomadura de pelo

Cualificou de “tomadura de pelo” que o goberno galego anuncie como iniciativa propia a constitución dunha Axencia Tributaria propia que en realidade será “de atrezzo”. Advertiu que malia os anuncios do goberno de contratar persoal de apoio, a realidade é que “prohibiron por Lei o incremento da plantilla da Xunta de Galicia e a creación de novos postos de funcionario”.

A realidade é, finalizou, que “van impedir que os cidadáns poidan presentar a súa declaración en moitos concellos de Galicia”. Cualificou de “milonga” o anuncio de pago das obrigas tributarias por vía telemática, xa que os datos actuais sinalan que os trámites xestionados deste xeito tan só supoñen o 5 por cento do total.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar