Acusan á Xunta de “abandonar ás bibliotecas públicas” rachando o consenso sobre a Lei de Bibliotecas

Acusan á Xunta de “abandonar ás bibliotecas públicas” rachando o consenso sobre a Lei de Bibliotecas

Acusan á Xunta de “abandonar ás bibliotecas públicas” rachando o consenso sobre a Lei de Bibliotecas

Concepción Burgo advirte que o PP abre a porta a cobrar polo uso de servizos bilbliotecarios, elimina da Lei o acceso “igualitario” á cultura e remata coa obriga de ter un destes servizos nos concellos de mais de 2.000 habitantes

A portavoz de Cultura do Grupo Socialista, Concepción Burgo, acusou á Xunta de “abandonar ás bibliotecas públicas” aprobando en solitario unha Lei de Bibliotecas que “rompe co consenso acadado na Lei de 1989”. Así o dixo no debate final desta Lei no Pleno do Parlamento que tivo lugar hoxe.

Burgo advertiu que o PP mesmo ten emendado a norma para “facer desaparecer a palabra igualitaria do acceso á cultura”, nun texto que “abre a porta a cobrar polo uso de servizos bibliotecarios” e remata co acceso gratuíto a estes servizos. Ademais, engadiu, o PP e a Xunta liquidan a obriga acadada en 1989 de que tódolos concellos con mais de 2.000 habitantes dispoñan dunha biblioteca aberta ao público.

Explicou que o despropósito con esta norma chega mesmo a rexeitar o que foran compromisos electorais do PP, como é o impulso á apertura das bibliotecas escolares, evidencian do que “os seus compromisos electorais están para ser incumpridos”. Dixo que a obsesión do PP por eliminar da Lei calquera compromiso coas bibliotecas municipais.

A responsable socialista dixo que “está claro que só van apoiar á Biblioteca de Galicia e ás de xestión autonómica”. Por outra parte, dixo, a Lei “non impulsa a necesaria modernización dos servizos bibliotecarios e o impulso ás novas tecnoloxías”.

A parlamentaria socialista dixo que esta norma retrotrae a situación das bibliotecas desbota calquera posibilidade de acordo coa oposición e apuntou que o PP ten feito con esta lei un “desplante” á vontade de acordo amosada pola oposición ao non ter presentado emenda de devolución no comezo do debate.

A conclusión foi que das 47 emendas presentadas polos socialistas tan só foron aprobadas 8 e transaccionadas outras 3, o que resulta “claramente insuficiente” e transmite unha “vontade clara de non chegar a consensos”. Dixo que o rexeitamento ás propostas presentadas polos socialistas galegos “intenta claramente que non apoiemos esta Lei”.

Sen compromisos nin orzamento

Burgo criticou que a Xunta ten amosado unha “absoluta falla de compromiso coas bibliotecas públicas” xa que esta Lei “non inclúe un só artigo cunha soa obriga do Goberno galego coas bibliotecas municipais” mentres trasladan tódalas obrigas aos concellos.

Ademais, criticou a memoria económica presentada con esta Lei, que cualificou de “chapuza calquera cousa menos rigorosa”, que ven consolidar a política de restrición de fondos das bibliotecas, que dende 2010 perderon o 45 por cento do seu orzamento por parte do goberno galego.

Puntualizou que determina a conxelación das contías ata o ano 2013, o que “na práctica supón unha redución do 6,4 por cento en termos reais”, mentres “cada vez reducen mais os servizos, incluída a mellora e modernización, como o feito de que este ano só destinen 90.000 euros para equipamento informático en tódalas bibliotecas municipais.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar