Acusan á Xunta de “abandonar” á obra social das caixas “para intentar apropiarse delas pola porta de atrás”

Acusan á Xunta de “abandonar” á obra social das caixas “para intentar apropiarse delas pola porta de atrás”

Acusan á Xunta de “abandonar” á obra social das caixas “para intentar apropiarse delas pola porta de atrás”

Critica o “cinismo político” de Feijóo ao defender os 70 millóns dos grandes inversores e non a obra social nin os 1.000 millóns de euros estafados aos afectados polas preferentes e as obrigas subordinadas

Alude a Feijóo para sinalar que “quen minte está corrompendo a calidade democrática do país e por suposto que é un corrupto”

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, acusou á Xunta de buscar o “abandono táctico inmoral” dos servizos prestados pola obra social das caixas galegas “para intentar apropiarse dela pola porta de atrás”. Así o dixo no debate dunha Proposición non de Lei para garantir a obra social das caixas que foi rexeitada polo PP.

Esta Proposición non de Lei, rexeitada polo PP, reclamáballe á Xunta que presente en catro meses un Plan de viabilidade futura que “garanta a obra social das antigas caixas de aforro galegas e o mantemento do emprego vinculado á mesma”, que foi rexeitada polo PP. O responsable socialista reclamou salvagardar a integridade dos bens, a continuidade dos proxectos, o vencello territorial do patrimonio e o papel das entidades fundadoras.

Criticou que Feijóo “pretende deixar ás entidades fundadoras das antigas caixas fora de xogo” e deixa “languidecer” a obra social que se viu obrigada a recortar o seu orzamento de 140 a 35 millóns de euros en 4 anos, un “descenso brutal” do 75 por cento.

Lembrou o papel desta obra social, que xestionou un dividendo social de 1.000 millóns en dez anos, mentres o goberno está “mais preocupado de dar cobertura ás decisións financeiras que afundiron e condenaron este sistema á súa desaparición.

Sinalou que o papel da obra social abrangue o financiamento de 13 centros de maiores para 50.000 socios, ou a participación de mais de 100.000 persoas en programas de envellecemento activo. Lembrou a contribución para subvencionar estancias en xeriátricos por mais de 750.000 euros en 2012, as 950 prazas de atención á dependencia ou o apoio a mais de 55.000 persoas para os comedores sociais.

Explicou que mais de 800 alumnos foron formados cada ano nos tres centros de FP, 113.000 socios se benefician das súas bibliotecas, forma a mais de 700 persoas en másteres e posgraos na Escola de Negocios, apoia a diversas ONGs, ou aos 130.000 escolares que participaron nas diversas actividades educativas, didácticas e medio ambientais, así como o apoio a diversas disciplinas artísticas e culturais.

Dixo que estes son os “danos colaterais” dos “brindes dos días de viño e rosas” de Feijóo cos antigos dirixentes das caixas Méndez, Gayoso, Pego e García de Paredes en Monte Pío, como foi o peche de 900 oficinas, deixando a un de cada catro concellos sen sucursal bancaria, o despido de 4.000 traballadores e a desaparición da obra social.

Dixo que mentres Feijóo anunciaba que a caixa tería o 12 por cento do banco –e hoxe ten o cero por cento-, brindaba cuns ex dirixentes que “saíron da caixa con 60 millóns de euros por unhas indemnizacións dunha inmoralidade e obscenidade dificilmente tolerables”.

Cinismo político, mentiras e corrupción

Losada criticou o “cinismo político” de Feijóo ao rexeitar esta proposta mentres defende os 70 millóns de euros dos grandes inversores e “esquece” os 1.000 millóns de euros estafados os afectados polas preferentes ou a obra social das caixas. Criticou a súa“inmoralidade” ao subliñar unha suposta defensa dos estafados, o que, dixo, supón “unha mentira e, dalgún xeito, corrupción” mentres “defende aos de sempre”.

Losada explicou que “na ética pública dos gobernantes hai unha relación estreita entre corrupción e mentira, e quen minte está corrompendo a calidade democrática do país e por suposto que é un corrupto”. Aludiu así a unha intervención previa dunha deputada do BNG, a quen a presidenta do Parlamento recriminoulle que relacionara corrupción e mentira.

O responsable socialista responsabilizou a Feijóo da desaparición do sistema financeiro de Galicia ao forzar a fusión das dúas caixas no que cualificou como o “feito mais grave da historia económica recente de Galicia”. O portavoz socialista apuntou que constitúe o “segundo fito no desmantelamento dos sectores estratéxicos de Galicia” logo da desaparición do sector enerxético.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar