Acusan a Rueda de “violentar” o principio constitucional de obxectividade da administración para perseguir e criminalizar sen probas a UUAA

Acusan a Rueda de “violentar” o principio constitucional de obxectividade da administración para perseguir e criminalizar sen probas a UUAA

Acusan a Rueda de “violentar” o principio constitucional de obxectividade da administración para perseguir e criminalizar sen probas a UUAA

O viceportavoz do Grupo Parlamentario Socialista, José Luis Méndez Romeu, acusou ao conselleiro de Presidencia de “violentar” o principio constitucional de obxectividade da administración –art.103- para “perseguir e criminalizar sen probas” a unha organización sindical. Así o dixo no debate dunha moción socialista para reprobar o abuso de poder do conselleiro contra UUAA, rexeitada polo PP.

O responsable socialista sinalou que a actuación do conselleiro, amparada polo presidente da Xunta, evidencia que “os valores democráticos de Feijóo son xa historia”. Sinalou que “queda constatado que violentou a administración para buscar un rédito exclusivamente político” e “antepoñer o obxectivo da destrución do opoñente ao cumprimento obxectivo das leis, que é o que xuran os cargos públicos”.

Acusou ao responsable da Xustiza no goberno galego –unha condición que cualificou de “sarcasmo”- de amparar, na súa dobre condición de conselleiro e responsable do PP, a criminalización sen probas a esta organización sindical. Sinalou que o conselleiro non foi quen de explicar por qué hai dous directores xerais da Xunta imputados por prevaricación na modalidade de abuso de poder por esta actuación.

Sinalou que da súa actuación neste caso despréndese que “non quixo actuar con mesura e preferiu actuar a instancias de parte –neste caso do PP” misturando a súa dobre condición de conselleiro e dirixente do PP, e optou pola “violencia e o escarnio de xeito deliberado e non considerou eticamente as súas actuacións”.

Dixo que o PP “ultraxa os valores democráticos” e adiantou que “nin hoxe nin nunca imos tolerar elevar –a investigación administrativa- á persecución política do opoñente”. Advertiu que o PP está a converter en “rasgo identitario” a “persecución do opoñente, e a discriminación de quen non pensa como o goberno” volvendo “ao autoritarismo e á arrogancia” cando “non poden acreditar a boa xestión nin os resultados”.

Ceses

O parlamentario socialista lembrou ao PP os postulados de Max Weber conforme a que por riba de todo político “deberá ter sempre unha valoración ética das súas actuacións” pola súa condición de “depositario de poder”. Lembrou que na pasada lexislatura o Goberno socialista cesou a altos cargos “non por indicios de imputación senón por condutas impropias”.

Lembrou así que o PP, co seu voto en contra desta moción, rexeitou tamén cesar aos altos cargos nomeados polo Consello e declarados imputados en procedementos xudiciais por abuso de poder. Tamén rexeitaron “restaurar a neutralidade da administración galega evitando as actuacións de caso único contra entidades, colectivos ou persoas” e actuar “sempre no marco da lei xeral”.

Os socialistas esixían tamén que a Xunta garanta “a estrita observancia do procedemento administrativo” nos procedementos de verificación de subvencións, axudas e convenios, e mesmo lembraban aos membros do Executivo a “necesidade de deslindar absolutamente as opinións, criterios ou valoracións dos representantes dos partidos ou grupos parlamentarios, a respecto da actuación da propia administración”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar