Acusan a Rueda de ser “colaboracionista silente da destrución da democracia”

Acusan a Rueda de ser “colaboracionista silente da destrución da democracia”

Acusan a Rueda de ser “colaboracionista silente da destrución da democracia”

Beatriz Sestayo critica a retirada de competencias aos concellos pequenos e sinala que o PP utiliza a Xunta para “destruír os servizos públicos, os dereitos fundamentais e as corporacións locais”

A responsable da Área Institucional do Grupo Socialista, Beatriz Sestayo, acusou ao vicepresidente da Xunta e conselleiro de Presidencia de actuar como “colaboracionista silente da destrución da democracia”. Así o dixo na comparecencia de Alfonso Rueda para presentar as liñas xerais do seu departamento.

A responsable socialista acusou ao vicepresidente do goberno galego de apoiar a retirada de competencias aos concellos pequenos a través da reforma da Lei da administración local, que serán asumidas por “entes de democracia derivada”, como denominou ás Deputacións Provinciais. Acusou ao conselleiro de actuar como “colaboracionista silente da destrución dos servizos públicos, dos dereitos fundamentais e das corporacións locais”.

Sestayo comezou sinalando que a falla de iniciativas presentadas na comparecencia de Rueda “debera dar lugar á súa dimisión inmediata”. Afeoulle así que presentara como gran proposta unha suposta nova redución da administración paralela que “leva cinco anos anunciando, pero a realidade é que continúan xestionando os mesmos chiringuitos”.

Dixo que o conselleiro “está pendente da sucesión de Feijóo, que está á súa vez pendente da sucesión de Rajoy, e de sucesión en sucesión Galicia permanece orfa dun goberno incompetente”.

A parlamentaria socialista criticou a xestión da función pública por parte de Feijóo e Rueda, xa que logo de comprometerse a manter as condicións dos traballadores da administración autonómica, tardaron 20 días logo das eleccións en en “chantaxealos obrigándoos a escoller un recorte salarial do 6 por cento ou a destrución de 3.000 postos de traballo”.

Dixo que o conselleiro “denuncia como secretario xeral do PP aos traballadores aos que non quere recibir como conselleiro, aos que lles ten negado todo”, polo que, dixo, “está tan entregado no seu papel de cancerbero do PP que é difícil velo como vicepresidente”.

Administración local

Denunciou tamén o apoio á reforma da Lei de Bases do Réxime Local, que “destrúe o principio de autonomía local recollido na Constitución Española” e entrégalle ás deputacións as competencias do 90 por cento dos concellos. Advertiu que “aos concellos só lles quedará repartir miserias de caridade e beneficencia” ao destruír as súas competencias e vulnerar o principio de autonomía financeira”.

Tamén lembrou que, en contra dos anuncios da Xunta, Galicia está á cola no investimento na modernización da xustiza, tal e como denuncia o Consello Xeral do Poder Xudicial. Dixo que “a vostedes éncheselles a boca falando de xustiza pero calan ante un taxazo xudicial que impide a posibilidade de defenderse aos traballadores expulsados inxustamente dos seus traballos”.

Engadiu que os avogados do turno de oficio, mentres, non poden traballar polos retrasos nos pagos do goberno autonómico, que acumula un retraso de 4 meses dos pagos ao turno de oficio e de 7 meses na asistencia.

Dixo finalmente que o conselleiro “non ten empacho en falar de igualdade” mentres “destrúe os dereitos das mulleres” ao acabar coa Lei de Familia, destruír os dereitos das mulleres a través da reforma laboral e retirarlle a xestión das políticas de igualdade aos concellos, mentres conceden axudas millonarias á Rede Madre antiabortista.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar