Acusan a Rajoy e Feijóo de culpar aos concellos do déficit para levar a cabo unha reforma do réxime local que fomenta a privatización de servizos e favorece electoralmente ao PP

Acusan a Rajoy e Feijóo de culpar aos concellos do déficit para levar a cabo unha reforma do réxime local que fomenta a privatización de servizos e favorece electoralmente ao PP

Acusan a Rajoy e Feijóo de culpar aos concellos do déficit para levar a cabo unha reforma do réxime local que fomenta a privatización de servizos e favorece electoralmente ao PP

Pachi Vázquez e Gaspar Zarrías, secretario de Política Municipal do PSOE, abordaron a reforma da LBRL con alcaldes, portavoces e responsables orgánicos do PSdeG

Os socialistas apoian o acordo da Executiva da Fegamp rexeitando de forma unánime ao proxecto de reforma, do que o líder socialista fixo cómplice a Feijoo en Galicia

Zarrías anunciou que impulsarán un acordo semellante na FEMP tomando como referencia o impulsado polos socialistas galegos na Fegamp

Pachi Vázquez reclama a Feijoo que abandone as vacacións por Iberoamérica e veña debater este e outros asuntos ao Parlamento

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, e o Secretario de Cidades e Política Municipal do PSOE, Gaspar Zarrías, presidiron esta tarde unha xuntanza de traballo con alcaldes e portavoces socialistas sobre a reforma da Lei de Bases de Réxime Local (LBRL). Na reunión estiveron presentes tamén os representantes do PSdeG-PSOE na Executiva da Fegamp e o Secretario de Política Municipal da Executiva socialista, Luis Ángel Lago Lage.

Pachi Vázquez valorou a declaración aprobada hoxe pola dirección da Fegamp sobre o anteproxecto de lei de reforma da LBRL e que para os socialistas trátase da “expresión unánime do rexeitamento á proposta de reforma do réxime local”. A declaración da Executiva da Fegamp ven plasmar o sentimento dos tres grupos maioritarios en Galicia a unha proposta feita desde Madrid, e impulsada por Rajoy que é “nefasta e irracional para Galicia”.

A indignación causada nas forzas políticas que propicia a “rebelión” de hoxe na Fegamp ten un responsable en Galicia para os socialistas, que é o Presidente da Xunta. Pachi Vázquez esixe a Feijoo que “remate xa a xira vacacional por Iberoamérica e veña a dar a cara ao Parlamento de Galicia”.

O dirixente socialistas esixe un cara a cara parlamentario co xefe do Executivo galego para “esixirlle que non deixe sos aos concellos, aos maiores, aos estudantes e aos parados”.

O socialista recordou que dos 60.000 núcleos de poboación que hai en España, 34.000 son galegos, e, polo tanto, a dispersión e o envellecemento poboacional aínda fan máis tráxica esa reforma impulsada polos populares.

Pola súa banda, o Secretario de Cidades e Política Municipal do PSOE, Gaspar Zarrías, cualificou de “chapuza” a reforma que o Goberno de Rajoy pretende aprobar no último Consello de Ministros de xullo ou no primeiro de agosto. Anunciou que proporán a convocatoria urxente dunha asemblea da FEMP para debater algo tan importante como pretender “acabar dun plumazo cos concellos como entidades prestadoras de servizos públicos” que permiten que hoxe, en situacións tan difíciles, os cidadáns teñan “un colchón”, de servizos sociais.

Os socialistas, explicou, rexeitan esta reforma porque realízase desde o fondo descoñecemento da vida local e co obxectivo de “desautorizar”, “desapoderar” e “acabar” cos concellos do noso país “criminalizando” aos alcaldes e ás entidades locais como os culpables da crise.

O dirixente socialista desmontou a tese dos populares a partir das cifras do déficit. Zarrías lembrou que a 1 de xaneiro de 2012, España debía 800.000M€, dos que se poden imputar aos concellos 28.000M€, por iso, conclúe, “non son os concellos os culpables da crise”.

O responsable de Política Municipal do PSOE si puxo nomes e apelidos ós que considera “verdadeiros responsables”, citando a Ruiz Gallardón, Ana Botella, e Rita Barberá, cuxos concellos concentran a maior parte da débeda dos municipios españois.

“É falso, absolutamente falso, que os concellos do noso país sexan os culpables da débeda, e polo tanto non poden ser os paganos”. Zarríaz advertiu que os socialistas se situarán en fronte a esta reforma da LBRL que pretende coverter aos municipios en “meras oficinas administrativas” onde nin sequera o Interventor e o Secretario van depender do alcalde, porque a reforma propón que dependan do Goberno. “Nos parece unha aberración en prexuízo dos cidadáns”, sentencio Zarrías.

O socialista chama a atención sobre o feito de que só 396 dos 8.116 municipios de España pasa dos 20.000 habitantes. “Ningún deses municipios aos que se pretende quitar as competencias para que vivan con dignidade teñen débedas significativas”, apunta o responsable socialistas de Política Municipal.

Zarrías afirma que o verdadeiro motivo da reforma da LBRL , “ a letra pequena” fala dunha “privatización dos servizos públicos”. “Unha voladura controlada do Estado de Benestar” que se presta desde os concellos, onde algúns servizos se desmantelan e outros se privatizan. “Imaxino que algúns viron nesto un bo nicho de negocio agora que se lles acabou a construción”, aseverou o socialista.

O dirixente do PSOE entrou tamén a desmontar outros argumentos dos populares para impulsar a reforma. Así Zarrías afirma que é “falso” que a inmensa maioría dos máis de 60.000 concelleiros de concellos pequenos cobren. “As corporacións locais están compostas por verdadeiros batallóns de voluntarios”, asegura, resultando “unha excepción” os que se saen da racionalidade.

Se queren recortar, dixo, “que recorten en Madrid, en Barcelona ou en Valencia, que aí é onde se pode recortar”, esixe aos populares que “non se intente trasladar á opinión pública que os alcaldes de eses 7.000 concellos menores de 20.000 habitantes son uns manirrotos que se levan ao peto unha boa parte do erario público porque non é verdade”.

En relación á proposta de reducir o número de concelleiros, Zarrías advertiu que a proposta “cercena o dereito das minorías a formar parte das corporacións”. Acusou ademáis aos populares de querer cambiar as regras de xogo “en beneficio do Partido Popular” mediante esta reforma, pois a redución da representatividade favorecería a consolidación das súas maiorías en algunhas cidades. “Iso non tiña ocorrido nunca”, dixo Zarrías, recordando que ata agora non se fixera ningunha reforma electoral sen consenso.

Pedíu o apoio dos alcaldes e concelleiros do PP para “evitar esta tropelía do Goberno central”, xa que o “machadazo vai á columna vertebral dos concellos deste país”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar