Acusan a Louzán de facer da deputación unha “ferramenta ao servizo do partido” que resulta “irrelevante para a provincia pero imprescindible para Feijóo e para o PP”

Acusan a Louzán de facer da deputación unha “ferramenta ao servizo do partido” que resulta “irrelevante para a provincia pero imprescindible para Feijóo e para o PP”

Acusan a Louzán de facer da deputación unha “ferramenta ao servizo do partido” que resulta “irrelevante para a provincia pero imprescindible para Feijóo e para o PP”

Abel Losada sinala que destina 4,5 millóns de euros no financiamento dos órganos de goberno mentres reduce os investimentos a unha “chuvia fina para comprar vontades”

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, acusou ao presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, de converter o ente nunha “ferramenta ao servizo do partido”. Así o dixo na comparecencia do responsable do ente diante da Comisión de Orzamentos do Parlamento de Galicia.

Losada dixo que a xestión do PP fixo do ente unha “institución prescindible e irrelevante para as necesidades da provincia pero útil e imprescindible para vostede, para o PP e para Feijóo” polas súas prácticas caciquís. Criticou que o PP establece unha “interrelación escandalosa e obscena entre os empregados das deputacións e as estruturas territoriais do partido, que o único que fai é axudar no desapego dos cidadáns da política”.

Como exemplo sinalou que o secretario e o vicesecretario do PPdeG tiveran sido “asalariados” do ente provincial, en alusión a Alfonso Rueda e Agustín Hernández, e ironizou co papel do presidente da Deputación como “remake de Esperanza Aguirre”, en alusión ao novo papel como “cazatalentos” da expresidenta da Comunidade de Madrid.

O responsable socialista apuntou que as “prácticas caciquís” do PP a través das deputacións provinciais en plena crise económica “provocan o descrédito da clase política” cando a cidadanía “está preocupada polo emprego e os servizos públicos”.

Criticou así que Louzán presida a Deputación galega co maior gasto en “órganos de goberno”, que suman 4,5 millóns de euros, mentres o gasto en persoal ascende a 42 euros por habitante, e os gastos en operacións financeiras supoñen 16 euros por habitante de gasto improdutivo.

Salientou a “necesidade de control do gasto corrente” porque a Deputación “ten que ser un mecanismo para axudar na solución dos problemas dos cidadáns”, e esixiu maior control das transferencias correntes, mentres acusou ao PP de utilizalos como “chuvia fina para comprar vontades”.

Apuntou que esta Deputación ten incremetnado o gasto corrente un 10 por cento ata os 8,5 millóns de euros, mentres os investimentos reais “baixan un 28 por cento” ata os 14,7 millóns de euros. Ao mesmo tempo, a débeda do ente xestionado por Louzán ascende ata supor o 67 por cento do orzamento -92,6 millóns dun orzamento global de 148 millóns de euros-.

Criticou que o presidente desta entidade “gastou moito mais do que tiña”, mentres destinaba 1,7 millóns de euros -300 millóns das antigas pesetas- só a protocolo e gastos en publicidade e propaganda. Mentres, dixo, utiliza o Plan de Dinamización Económica como “elemento discrecional” que tenta de emular o Plan E de Zapatero pero reservando as contratacións para a Deputación e gardando 3,6 millóns para libre disposición de Louzán, dos que non deu aínda conta.

Subdelegación

Abel Losada criticou que a Deputación teña no “abandono absoluto” á principal cidade da provincia, na que reside unha terceira parte da poboación, mentres “mantén unha sede de cinco plantas para albergar un rexistro e o despacho do portavoz municipal do PP no Concello, que amosa o seu coche oficial, pagado pola Deputación, aparcado na porta”.

Concluíu que o obxectivo do PP é “volver ao século XIX, cun estado centralista e centralizado e unhas institucións provinciais que suplantan aos concellos, despois de afogalos con competencias impropias”. Aludiu así á reforma da Lei de réxime local, que cede ás deputacións as competencias dos concellos mais pequenos.

Advertiu que a estratexia do PP consiste en “caciquear de verdade” de cara ás eleccións municipais, utilizando as deputacións como “instrumento político de primeira orde ao servizo do PP e non dos intereses xerais da provincia e dos seus habitantes”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar