Acusan a Feijóo e a Mosquera de mentir aos galegos e cifran en 350.000 os cidadáns en listas de espera da sanidade pública

Acusan a Feijóo e a Mosquera de mentir aos galegos e cifran en 350.000 os cidadáns en listas de espera da sanidade pública

Acusan a Feijóo e a Mosquera de mentir aos galegos e cifran en 350.000 os cidadáns en listas de espera da sanidade pública

O Secretario de Sanidade da Executiva do PSdeG-PSOE, Miguel Ángel Fernández López, afirma que este goberno estase a manifestar incapaz de xestionar a Sanidade Pública, en peor situación que hai tres anos

Os socialistas esixirán datos centro a centro e mes a mes da actividade cirúrxica para coñecer os motivos da súa diminución nos centros públicos

Fernández pide unha rectificación a Mosquera por eliminar da nota da consellería sobre as listas de espera do 1º trimestre aos 150.000 cidadáns que teñen asistencia obrigada en POVISA (Vigo)

O Secretario Executivo de Sanidade do PSdeG-PSOE, Miguel Ángel Fernández López, ven de acusar ó Goberno de Feijóo de “rebasar os límites do eticamente permitido” e do considerado como “razoable” coa nota de prensa publicada polo departamento de Rocío Mosquera sobre a evolución das listas de espera no primeiro trimestre de este ano na Sanidade Pública.

Para o responsable socialistas de Sanidade, Feijóo e Mosquera están “mentindo aos cidadáns galegos”. Acusa Fernández a Feijóo e a Mosquera de ofrecer os datos sobre os centros do Sergas, “esquecéndose” dos máis de 150.000 galegos e galegas que teñen asistencia obrigada no centro Povisa de Vigo.

En termos globais, o Secretario de Sanidade da Executiva dos Socialistas Galegos afirma que, a día de hoxe, hai 350.000 galegos e galegas en lista de espera da Sanidade Pública, segundo os datos oficiais do Sergas.

Destes, 200.000 galegos están a esperar por unha primeira consulta de especialista. 85.000 esperan probas diagnósticas. Deles, 54.000 esperan por unha proba radiolóxica, máis de 3.000 superan a espera de seis meses. 1.000 pacientes esperan por unha proba endoscópica, dos que 700 superan tamén o medio ano de espera. Hai tamén 3.235 persoas esperando por unha electromiografía, das que 1.000 máis de seis meses.

Fernández López calcula que preto de 60.000 persoas están á espera dunha intervención cirúrxica. 39.000 da lista estrutural que dou a coñecer a conselleira Mosquera e 20.000 da non estrutural, que da que se nega a dar coñecemento ao Parlamento, recorda o deputado socialista.

A SANIDADE ESTÁ PEOR QUE FAI UN ANO E MOITO PEOR QUE CANDO FEIJÓO TOMOU POSESIÓN

Cando mira a “letra pequena” da nota da Consellería de Sanidade, Fernández López, observa que a lista de espera no 1º trimestre é de 82 días, “6 máis que hai un ano”. A lista de cirurxía tamén se incrementa en seis días respecto ao ano anterior, e “11 días máis que cando Feijóo chegou ao Goberno”, afirmou.

En marzo de 2012, a lista de espera estrutural acadaba os 39.614 pacientes, segundo a web da consellería. Son 600 máis que hai un ano e 5.000 galegos e galegas máis que hai tres anos.

“Esta é a realidade e a percepción de todos os profesionais e todos os usuarios do sistema”, recrimina Fernádez López á titular de Sanidade, “cada día somos máis os que estamos esperando”, continúa. “ Esta nota de prensa é un intento de vender fume aos cidadáns galegos”.

Segundo a devandita nota, dos 15 centros dos que se publican datos, en 8 a lista está igual ou peor que hai un ano. De 14 especialidades, sete empeoran resultados, en especial maxilofacial (40 días máis) e cirurxía xeral (13 días).

Denuncia o intento de “maquillaxe das listas” da consellería de Sanidade. Segundo os datos do PSdeG_PSOE, hai un 50% da lista de espera estrutural na lista de espera non estrutural que se nega a dar a coñecer Rocío Mosquera. Por iso, Fernández considera que, a parte dos 39.000 cidadáns da lista coñecida, hai outros 20.000 galegos e galegas na lista non estrutural.

Respecto á prioridade 1, que vai diminuíndo recoñece que é o único dato positivo, pero afea a Feijóo e a Mosquera que se atribúan este éxito cando é unha tendencia sostida desde gobernos anteriores, con independencia da súa cor.

O que non é certo, para Miguel Ángel Fernández, é que se trate como maior dilixencia aos pacientes máis graves. Fixando a atención sobre as especialidades de Anestesia e Radioterapia, o dirixente socialista atopa un incremento de 52 días máis para primeira consulta que hai un ano co anestesista e 25 días máis en radioterapia, onde hai que unha espera de 62 días.

O deputado recrimina ao mandatario galego que veña ao Parlamento a dicir que se atende antes e mellor aos pacientes máis graves “cando os que se teñen que operar teñen que esperar ata 52 días máis só para que os vexa o anestesista” .

Os galegos esperan dous días máis para a primeira visita ao especialista. 392 cidadáns están en lista de máis dun ano para primeira cita co especialista. Hai un ano eran 119. Se a conta se fai cos que esperan máis de seis meses, a cifra elévase a 8.552 (8.300 hai un ano). Recorda Fernández a relevancia destas cifras, pois se trata de consultas onde se poden diagnosticar doenzas de importancia e de moita gravidade.

“Hoxe hai máis galegos e galegas esperando por unha consulta dun especialista”, conclúe Fernández, pero “creemos que son máis porque hai listas pechadas e ocultas”.

INICIATIVAS

“Todos somos conscientes de que, cada día, a Sanidade Pública galega está peor xestionada”, en mans “dun equipo ineficaz e incapaz de solucionar os problemas” da sanidade galega. Para avalar esta argumentación, Fernández López esgrimiu as críticas do sindicato profesioal SATSE, publicadas nun xornal galego nas que advertía dos seu temor de que aumente a mortalidade pola falta de persoal nos centros hospitalarios.

Os medios recollen hoxe tamén a denuncia de dous xefes de servizo do Hospital de Vigo, referida a que as listas de espera cada vez son maiores e cada día se pechan máis números de quirófanos, impedindo que se fagan máis intervencións.

Fernández afirma que “todos os profesionais vemos como cada vez hai menos actividade cirúrxica e se derivan máis casos aos centros concertados”.

Por esta razón, o Secretario de Sanidade do PSdeG-PSOE e parlamentario socialista anunciou unha serie de iniciativas do seu grupo para pedir “unha vez máis a verdade”, os datos mes a mes e centro por centro da actividade cirúrxica.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar