Acusan a Feijóo de ter reducido os orzamentos de igualdade nun 78,5 por cento dende a súa chegada á Xunta

Acusan a Feijóo de ter reducido os orzamentos de igualdade nun 78,5 por cento dende a súa chegada á Xunta

Acusan a Feijóo de ter reducido os orzamentos de igualdade nun 78,5 por cento dende a súa chegada á Xunta

Carmen Acuña puntualiza que os orzamentos para violencia de xénero pasaron de 33 millóns en 2009 a 12 nos orzamentos de 2013

A parlamentaria socialista Carmen Acuña acusou a Feijóo de ter reducido os orzamentos de Igualdade nun 78,5 por cento dende a súa chegada á Xunta. Así o dixo na comparecencia da secretaria xeral de Igualdade que tivo lugar hoxe na Comisión de Sanidade e Política Social do Parlamento.

A responsable socialista explicou que cando Feijóo chegou á Xunta, en 2009, os orzamentos de igualdade ascendían a 60 millóns de euros, que foron recortados ata os 12 de que disporá nos orzamentos de 2013, nos que se reduciron un 4 por cento adicional. Acuña criticou que o PP “considere que a igualdade é un luxo, un despilfarro dos progresistas”.

Lamentou que neste recorte vaia incluída a redución drástica das partidas para violencia de xénero, xa que o capítulo de Accións para a igualdade, protección e promoción da muller pasou de 33 millóns de euros en 2009 a 6 en 2013, logo de perder outros 600.000 euros nos orzamentos para 2013.

Acuña sinalou que os caos de violencia de xénero “están aumentando, hai mais casos e menos denuncias” mentres o ministro de Xustiza intentou aplicar taxas de xustiza ás vítima de violencia e os concellos ven cómo cada vez teñen menos competencias e recursos. Reclamoulle ao PP que explique “si consideran que dificultar o acceso á sanidade axuda ás mulleres afectadas pola trata de brancas”.

Dixo que a discriminación positiva “fai falla” e engadiu que ao PP “o que lles falla é a ideoloxía”. Como exemplo puxo a “paridade” que aplica este partido nos seus órganos directivos, xa que en Madrid de 24 persoas só 3 son mulleres –incluíndo a Dolores de Cospedal- mentres en Galicia, de 69 integrantes, só 20 son mulleres, e só unha entre os 10 primeiros.

A parlamentaria socialista ironizou sobre as mensaxes do PP en favor da igualdade e do cambio de valores e modelos “mentres suprimen educación á cidadanía, patrocinan aos colexios concertados que segregan por sexo e apoian á Red Madre”. Lembrou tamén o “erro” de ter enviado os orzamentos á Cámara autonómica sen o preceptivo informe de impacto de xénero, que resultou ser “dúas follas”.

Acuña sinalou que mentres o resultado das políticas do PP é o incremento da fenda salarial e duplicar o paro feminino, os socialistas aprobaron as leis de igualdade, violencia, saúde sexual e reprodutiva, dependencia, conciliación, educación á cidadanía. En Galicia, ademais, foron aprobadas a Lei de Igualdade no Traballo e a Lei Galega de loita contra a Violencia de Xénero.

Contrastou estas actuacións coa política do PP, que reforma o Código Penal para cobrarlle taxas ás vítimas de violencia de xénero, desmantelan a Lei de Dependencia, aplican unha reforma laboral que limita a conciliación e os permisos de lactancia e en Galicia aproban unha Lei de Apoio á Familia e de apoio á muller embarazada.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar