Acusan a Feijóo de ter endebedado máis a Galicia en tres anos que nos trinta de gobernos autonómicos

Acusan a Feijóo de ter endebedado máis a Galicia en tres anos que nos trinta de gobernos autonómicos

Acusan a Feijóo de ter endebedado máis a Galicia en tres anos que nos trinta de gobernos autonómicos

Na rolda de prensa posterior á reunión da Permantente da Executiva, Pablo García, Secretario de Organización do PSdeG-PSOE, esgrimiu os datos do propio Executivo galego recollidos no Plan Económico Financeiro de Reequilibrio de Galicia


A débeda prevista por Feijóo para finais de 2012 é de 7.855 millóns de euros. A herdanza recibida era de 3.923 millóns de euros. En consecuencia, a xestión de Feijóo incrementa a débeda en 3.932 millóns de euros.

Os socialistas recriminan o “exercicio de cinismo de Feijóo” cando afirma que é posible cadrar as contas e manter servizos cando “está a recortar dereitos e servizos públicos e empobrecendo ao país”, afirma García

O Secretario de Organización do PSdeG-PSOE, Pablo García, afirmou, na rolda de prensa posterior á reunión da Permanente da Executiva, que “a desaprobación da xestión de Feijóo en Galicia é maioritaria”, tal e como se visualiza nas continuas manifestacións e concentracións que se están a convocar diferentes colectivos da sociedade galega .

O número dous dos socialistas galegos remitiuse aos datos económicos presentados polo propio Executivo galego. Acusou ao Presidente da Xunta de “ter endebedado máis a Galicia en tres anos que todos os gobernos anteriores”, tal e como se desprende da páxina 53 do Plan Económico Financeiro de Reequilibrio de Galicia, no que, segundo García, se “exemplifica o propio fracaso do Goberno de Feijóo”.

Recóllese nese texto unha previsión de endebedamento, para o presente ano, de 7.855 millóns de euros. A cifra herdada do Goberno anterior era de 3.923 M€, logo, como consecuencia dos tres anos de Goberno de Núñez Feijóo, a cifra incrementarase en 2012 en 3.932M€. Esta é, acusa o responsable de Organización dos socialistas galegos, “a proba do algodón de Feijóo: “endebedou Galicia non para crecer, senón para recortar e empobrecer ó país”.

Cualificou Pablo García de “exercicio de cinismo maiúsculo” que o presidente galego fale de manter servizos e de cadrar as contas, cando os populares “están a recortar servizos e dereitos e empobrecendo aos galegos e ás galegas”.

Recordou o senador do PSdeG-PSOE que Galicia atópase en recesión, un apunte económico que se suma á “cadea de datos” negativos do país. Hai 102.300 parados e paradas máis desde que Feijóo é presidente, a media do trienio sae a 94 parados ao día. A EPA do 1º trimestre reflicte 280 parados por día nos primeiros meses de 2012, uns 25.200 persoas en tres meses.

Ademais, recorda Pablo García, temos o maior número de parados, a economía paralizada, o crédito sen fluír, pero “saca peito”, di o socialista, “para ir comer cos compañeiros do PP da Coruña ou almorzar un día si outro tamén en Madrid ou en congresos do Partido Popular, como o de esta fin de semana en Valencia.

Critican tamén os socialistas a falta de propostas de solución para os afectados polas preferentes. Mentres o PP sigue freando a comisión parlamentaria tanto no Banco de España como no Goberno de Madrid esperan aínda unha resposta de Feijóo.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar