Acusan a Feijóo de ser o “pai do copago sanitario” en todo o estado

Acusan a Feijóo de ser o “pai do copago sanitario” en todo o estado

Acusan a Feijóo de ser o “pai do copago sanitario” en todo o estado

María José Caride critica que o PP “abre a porta ao copago” ao rexeitar unha moción socialista no Parlamento en contra desta medida

Reclama á Xunta a revisión do orzamento de 2012 para incorporar os recortes anunciados polo Goberno central

A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Socialista, María José Caride, dixo hoxe que “resulta duro que Feijóo presuma de ser o pai da introdución do copago na sanidade pública e de obrigar a pagar polos medicamentos aos pensionistas galegos”. Así o dixo no debate dunha moción socialista en contra do copago sanitario e para pedir a revisión do orzamento de 2012, que foi rexeitada polo PP.

Caride criticou que o PP votara hoxe en contra desta iniciativa, nomeadamente do punto que rexeitaba o copago sanitario, que foi votado por separado por petición dos socialistas. Caride acusou así ao PP de utilizar a crise como “escusa para que o PP privatice e deteriore a sanidade pública e o Estado do Benestar”.

Lamentou que Feijóo se presente como o impulsor do copago sanitario, que hoxe foi publicado no BOE, e que “quebra a cohesión territorial e a xustiza social” porque, lembrou, o galegos e galegas “xa pagamos en función da renda a través no IRPF”.

Caride considerou especialmente grave que Feijóo “poña aos pensionistas a pagar a sanidade pública”, especialmente os 730.000 que cobran as pensións mais baixas, de 691 euros ao mes. Cualificou de “escándalo” que o Goberno, por iniciativa de Feijóo, teña decidido cobrarlles por anticipado polos medicamentos para “facer as contas aos seis meses e devolverlles o que corresponda”, tal e como sinala a Lei.

Advertiu que o PP está a “quebrar o sistema de sanidade, o piar básico dos servizos sociais” para aforrar en torno a 7 millóns de euros “excluídos os custes de xestión”, como se deduce das cifras de aforro total do Ministerio de Sanidade, que estimou en 168 millóns de euros.

Caride preguntou “por qué non discutimos cómo obter ingresos cun imposto ás grandes fortunas ou ás rendas do patrimonio, por qué non falamos de eliminar os privilexios fiscais á Igrexa ou en loitar contra a fraude fiscal” en lugar de “pensar en deteriorar a nosa sanidade”. Así o dixo no debate dunha moción socialista para pedirlle á Xunta o rexeitamento a “calquera forma de copago na atención sanitaria”.

Revisión orzamentaria

A moción defendida hoxe pola parlamentaria socialista reclamaba tamén a revisión dos orzamentos de 2012 para incorporar a redución de ingresos pola caída da actividade económica e os recortes decretados polo Goberno de Rajoy. Acusou ao PP de rexeitar esta iniciativa para “impulsar un goberno que non ten iniciativa, capacidade e soamente ten austeridade de ideas”.

Dixo que “un presidente responsable estaría hoxe modificando os orzamentos” logo de evidenciar que mentres os orzamentos da Xunta prevían un crecemento económico do 1,1 por cento e unha taxa de desemprego do 16,4 os datos reais prevén un decrecemento do 1,7 por cento e o desemprego por riba do 20 por cento.

Pola contra, criticou, a Xunta mantense “pasiva” sen presentar “nin unha soa medida, nin unha iniciativa nova para reactivar a economía” evidenciando que “fronte a un goberno esgotado observamos un goberno desorientado”. Criticou especialmente a ausencia de iniciativas para loitar contra o desemprego mentres no ano pasado deixaron sen executar 160 millóns de euros da partida de medidas para a promoción do emprego.

A proposta presentada hoxe esixía un “xusto reparto dos custes da crise” para que o Goberno galego promova unha fiscalidade “que permita incrementar os ingresos e mellore a distribución da renda e da riqueza”. Esta medida permitiría facer fronte ás reducións de gasto que deterioran servizos e recortan dereitos sen ter que recorrer ao copago polos servizos públicos.

Revisión

A proposta socialista esixía ademais potenciar as políticas de gasto precisas para paliar o incremento de paro e pobreza e garantir a calidade dos servizos públicos básicos. Ademais, chamaba ao Goberno de Feijóo a dar conta desta revisión diante da Cámara autonómica “remitindo toda a información necesaria ao efecto incluíndo o novo escenario económico – financeiro plurianual previsto para Galicia”.

Finalmente, reclamaba á Xunta un plan de reactivación económica e do emprego “con medidas concretas para paliar a recesión económica e promover o emprego entre os mais de 300.000 parados previstos para o ano 2012”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar