Acusan a Feijóo de rexeitar todas as ocasións en que o PSdeG tendeu a man ao goberno con propostas para resolver os problemas do país

Acusan a Feijóo de rexeitar todas as ocasións en que o PSdeG tendeu a man ao goberno con propostas para resolver os problemas do país

Acusan a Feijóo de rexeitar todas as ocasións en que o PSdeG tendeu a man ao goberno con propostas para resolver os problemas do país

Carmen Gallego resumiu en rolda de prensa as numerosas ocasións de ofrecemento de pactos en materia de emprego, servizos públicos básicos, sistema financeiro ou de reformas estruturais do país

A responsable da Área Económica da Executiva afirma que Feijóo “renunciou a gobernar” e “non se deixa axudar”

O PSdeG-PSOE é un partido de goberno e, no exercicio da súa responsabilidade, continuará ofrecendo dende a oposición propostas e solucións para os problemas deste país

Gallego anunciou que Pachi Vázquez presentará en breve o Pacto polo crecemento e o emprego, na actualidade en fase de consulta aos axentes sociais

A coordinadora da Área de Economía da Executiva dos Socialistas de Galicia, Carmen Gallego, ven de reafirmar en rolda de prensa que o PSdeG-PSOE ten propostas para resolver “os problemas deste país” mentres que o presidente Feijóo “renunciou a gobernar e non se deixa axudar”.

A dirixente socialista acusa a Feijóo de “non admitir a axuda do noso grupo político” a pesares de que os socialistas “vimos tendéndolle a man”, propoñéndolle o goberno “acordos de país” que a responsable da Área de Economía da dirección dos socialistas galegos resumiu na súa comparecencia ante os medios.

De todas as propostas trasladadas por Pachi Vázquez ó xefe do Executivo galego, Gallego Calvar, salientou a Lei de Blindaxe dos servizos públicos de Galicia, coa que os socialistas pretendían dar protección as prestacións básicas neste momento de recesión económica garantindo uns servizos públicos, universais e gratuítos.

Recordou que o primeiro de xullo, Feijóo implantará o copago na sanidade que en Galicia vai incidir nas economías mais febles como as dos pensionistas. A parlamentaria socialista salientou que precisamente a nosa comunidade e a que ten maior número de pensionistas coa prestación mais baixa, unha media de 604 euros.

Outro dos acordos rexeitado por Feijóo aos socialistas foi o Plan contra o desemprego. Dotado con 120 millóns de euros, este plan foi presentado o presidente polo líder dos socialistas galegos a través dunha carta e tramitado como emenda os orzamentos.

Pachi Vázquez tamén ofreceu a constitución dunha fronte común para evitar o fraccionamento de Novagalicia Banco e exixir para esta entidade o mesmo trato que para Bankia. Carmen Gallego lamenta a cerrazón dos populares que tamén se negaron reiteradamente a crear unha comisión de investigación parlamentaria.

Para facer fluír o crédito na nosa economía, os socialistas impulsaron a creación do Instituto de Crédito e Finanzas. Dotado con 400 millóns de euros o ano abriría liñas de crédito para as PEMES, segundo explicou a dirixente socialista.

O pacto polo territorio, o pacto polo monte galego,a reforma do estatuto de autonomía ou a reforma da administración local foron outras das materias citadas por Carmen Gallego entre as propostas e ofertas de diálogo que o partido socialista ofreceu o goberno de Feijóo nestes tres anos de lexislatura.

PACTO POLO CRECEMENTO E O EMPREGO

A responsable da Área Económica da Executiva do PSdeG-PSOE, Carmen Gallego, salientou de modo especial o pacto polo crecemento e o emprego no que están a traballar os socialistas galegos e que se atopa en proceso de presentación e colleita de opinións dos axentes sociais. Pachi Vázquez reuniuse recentemente cos secretarios xerais dos sindicatos para darlles a coñecer este documento.

Este pacto polo crecemento e o emprego pretende acompañar as políticas de eficiencia no gasto público e de austeridade con políticas de crecemento e de reactivación da economía. Nese texto se detallan algunhas propostas de carácter fiscal, de creación de emprego e de carácter industrial.

Carmen Gallego afirmou que o “partido socialista ten propostas para saír da crise”, trátase dun partido de goberno, con capacidade para gobernar, por iso “cando estamos na oposición facemos responsablemente propostas de acordo”. Lamenta que o goberno de Feijóo “estea ausente, esgotado, carente de ideas, incapaz de poñerse a fronte do país, que non ten propostas e non acepta as dos demais”.

Recrimina a Feijóo a súa escasa presenza no Parlamento, que contrasta co tempo que emprega en almorzos, tertulias e platós de televisión. “Para os almorzos do Ritz, si que ten tempo”,apunta Gallego. Feijóo “non quere que os galegos saiban a verdade” por iso rexeita a Comisión de Investigación sobre as caixas e si parece cómodo presumindo de ter sido un adiantado na aplicación dos recortes en Sanidade e Educación que impón Rajoy.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar