Acusan a Feijóo de recuperar o modelo de asilos para maiores e cargar sobre as familias o coidado das persoas con dificultades

Acusan a Feijóo de recuperar o modelo de asilos para maiores e cargar sobre as familias o coidado das persoas con dificultades

Acusan a Feijóo de recuperar o modelo de asilos para maiores e cargar sobre as familias o coidado das persoas con dificultades

Carmen Gallego sinala que a decisión de elevar aos 75 anos a idade para entrar nun centro de maiores supón un “portazo dos servizos públicos básicos nas narices dos nosos maiores”

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, acusou a Feijóo de “recuperar o modelo de asilos para maiores”. A responsable socialista reclamou a comparecencia da conselleira de Benestar para dar conta da decisión de elevar a 75 anos a idade mínima para entrar nun centro de maiores, que cualificou de “portazo dos servizos públicos nas narices dos maiores”.

Gallego advertiu que este anuncio supón “unha mostra mais do desmantelamento das políticas de benestar por parte do goberno de Feijóo, perfectamente acompasado co de Mariano Rajoy”. Explicou que esta orde, xunto coa recente publicación do decreto de Servizos Sociais, “indican que as residencias de persoas maiores vanse converter en aparcadoiros de xente á que será imposible atender” debido aos recortes.

Criticou que, ao elevar a idade para entrar nun centro de maiores ata os 75 anos, supón que “volve cargar sobre as costas das familias a atención ás persoas maiores”, ás que deixa “desatendidas e ao albur dos seus propios recursos”.

A responsable socialista sinalou tamén que a publicación do catálogo de Servizos Sociais do goberno galego, no que pretende que nestas infraestruturas poidan entrar tamén persoas novas “supón un retroceso a unha atención de servizos sociais asistencialista”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar