Acusan a Feijóo de “perdoarlle unha multa de 3 millóns de euros a un compañeiro de partido”

Acusan a Feijóo de “perdoarlle unha multa de 3 millóns de euros a un compañeiro de partido”

Acusan a Feijóo de “perdoarlle unha multa de 3 millóns de euros a un compañeiro de partido”

Ismael Rego sinala que “premian” a López Veiga co posto de senador logo de ter comezado o sobresemento en 2005

Puntualiza que o presidente da Xunta é “o mestre” de facer publicidade política con cargo a fondos públicos

O responsable da Área de Territorio do Grupo Socialista, Ismael Rego, acusou ao presidente da Xunta de “perdoarlle unha multa de tres millóns de euros a un compañeiro de partido”. Así o dixo no debate dunha interpelación sobre o sobresemento, por parte da Xunta, da multa contra Construcuatro, empresa do deputado do PP Telmo Martín, en novembro de 2011.

O responsable socialista lembrou que a multa pola construción dun inmoble de vivendas invadindo o espazo marítimo – terrestre na praia de Silgar, en Sanxenxo, fora ratificada polo Tribunal Supremo, que impoñía a multa e a reposición da legalidade urbanística. Reclamou por este motivo que “cando menos sigan adiante coa parte do expediente que ten que ver coa reposición da legalidade”.

Rego lamentou que, malia contar con sentenzas en contra do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e do Tribunal Supremo, a Xunta de Feijóo “aparece perdoándolle unha multa de 3 millóns de euros a un compañeiro de partido”. Puntualizou que mesmo a construción, que invade espazo marítimo – terrestre, ten un valor de en torno aos 12 millóns de euros e demostra que o deputado do PP “ten intereses propios e particulares que non debía”.

Sinalou que a conclusión deste proceso é que onte mesmo o PP “premiou” a López Veiga nomeándoo senador logo de ter sobreseído a multa en primeiro lugar en febreiro de 2005 nunha actuación que tivo unha sentenza en contra primeiro do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e a continuación do Tribunal Supremo o 30 de setembro de 2011.

O responsable acusou a Feijóo de “enviar como senador a Madrid a defender os nosos intereses” a López Veiga, quen “como conselleiro desatendeu o seu ámbito competencial e pasou por enriba das competencias do Consello da Xunta.

Rego replicoulle ao PP, quen tentou de tildar de “falla de respecto” que os socialistas non apoiaran o nomeamento de López Veiga como senador, lembrando a abstención do PP na votación de Manuel Fraga como senador designado pola Comunidade Autónoma.

O responsable socialista esixiulle hoxe ao conselleiro de Territorio que remita ao Parlamento o expediente deste proceso de sobresemento, ao que se teñen negado reiteradamente. Sinalou que foi López Veiga quen sobreseu a multa como conselleiro en febreiro de 2005, pero foi recorrida e confirmada polo Tribunal Supremo en setembro de 2011 e de novo sobreseído pola Xunta actual “ás agochadas” en novembro de 2011.

Antecedentes

O responsable socialista lembrou que o servizo de Usos do Litoral da Consellería de Pesca abriu no seu día o devandito expediente sancionador contra a promotora Construcuatro por obras abusivas que invadían a servidume de protección do litoral no paseo de Silgar, en Sanxenxo –Pontevedra-. O expediente fora resolto coa imposición dunha multa por 3.055.841 euros, así como outra coercitiva ata a reposición da legalidade.

O conselleiro de Pesca da Xunta, López Veiga, resolveu sobreser o expediente en febreiro de 2005, unha resolución que foi recorrida pola Asociación Salvemos Pontevedra, que rematou coa confirmación da multa por parte do Tribunal Supremo, en sentenza firme, o 30 de setembro de 2011. Malia esta decisión, o consello da Xunta decidiu sobreser o expediente sancionador o pasado 24 de novembro de 2011.

Rego advertiu que o Consello da Xunta sobreseu o expediente malia que a sentenza do Tribunal Supremo di que este foi indebido porque quen o fixo carecía de competencias. Engadiu que a Xunta tamén ten sobreseído o expediente de reposición da legalidade urbanística, mentres o Supremo “pensaba que había que sancionalo e repoñer a legalidade”.

Mestre

Ismael Rego advertiu hoxe que o presidente da Xunta é “o mestre de pagar publicidade política con cargo a fondos públicos”. Respondeu ás críticas vertidas por Feijóo esta mañá contra a publicidade da vicepresidencia da Deputación de Lugo contra o rescate bancario lembrando que Feijóo pagou dúas páxinas en tódolos xornais en 2005 contra as infraestruturas do goberno central.

Dixo que “lamento que lle teñan copiado, pero o mestre é el”, e chamou a “desterrar” estas prácticas con “recursos que estarían moito mellor dedicados a pagar a Risga”, que daquela coa xestión de Fraga xa tiña problemas de financiamento, ou ben a cumprir coa Dependencia.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar