Acusan a Feijóo de multiplicar os beneficios da sanidade privada de Galicia

Acusan a Feijóo  de multiplicar os beneficios da sanidade privada de Galicia

Acusan a Feijóo de multiplicar os beneficios da sanidade privada de Galicia

A portavoz de Sanidade Carmen Acuña lanzoulle unha proposta a Consellería “acuda ao vindeiro Consello Interterritorial de Sanidade e renuncie alí a aplicar o cobro polos traslados en ambulancias”

Acusou ao Goberno de Feijoo “de non crear nin un so centro de saúde novo”

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña dixo hoxe que a sanidade publica ten graves problemas e asegurou que a cidadanía galega “reclama gritos de auxilio”, mediante esta iniciativa impulsada pola Plataforma SOS Sanidade Pública. E acusou ao PP de impedir durante mais dun ano “o debate desta proposta”, na Cámara Autonómica.

Acuña interveu hoxe no Pleno do Parlamento para amosar o apoio do PSdeG-PSOE a esta iniciativa lexislativa popular “para a defensa e a promoción da sanidade publica”. Lembrou que o Partido Socialista sempre “impulsou , defendeu e desenrolou unha sanidade publica, gratuíta e universal”, como demostra a Lei de Saúde de Galicia.

A portavoz de Sanidade afirmou que o PP “busca nicho de negocio na sanidade para financiar as empresas privadas”. E puxo como exemplo os PCI, incrementos dos concertos, socio tecnolóxico, a central de compras ou externalización de servicios “eso si, todos estes servicios son para as empresas privadas, mentres para os doentes son os copagos, repagos, medicamentazos ou amputación da cateira de servicios”, resumiu.

A deputada socialista advirte que “a cidadanía non quere que un decretazo que pretende destruír un modelo sanitario publico, un dereito universal que se transforme nun servicio que se pode comprar ou vender”. E preguntouse si é un servicio complementario que o doente coma, ou que sexa trasladado en ambulancia para recibir o tratamento de diálise ou quimioterapia.

Ademais lanzoulle unha proposta a Consellería de Sanidade “acuda ao vindeiro Consello Interterritorial de Sanidade e alí renuncie a aplicar o cobro polos traslados en ambulancias”. “Os nosos pensionistas non poden mais”, espetou.

Dixo que o imposto que quere implantar o Partido Popular “o imposto á enfermidade , é insolidario e ineficaz socialmente”. Asegura que a cidadanía quere unha xestión publica e directa do sistema de saúde de Galicia e que a sanidade privada “sexa complementaria”. Nese senso demandou recuperar o Plan de de Mellora a Atención Primaria “porque si resolvemos en primaria abaratamos custes”, insistiu.

Acusou ao Goberno de Feijoo “de non crear nin un so centro de saúde novo”. Tamén aludiu a supresión das areas sanitarias, e puxo como exemplo a xestión da area da Comarca de Valdeorras “donde hoxe as listas de espera están disparadas”, cando antes nunca as houbo. E resumiu “esto non“é integrar é desintegrar”.

Lei de Saúde Galicia

Acuña dixo que a Lei de Saúde de Galicia, feita por un socialista, e cos votos en contra do PP, segue vixente “e ten como finalidade potenciar a sanidade publica de Galicia”, e acusou a Feijoo de “potencia e multiplicar os beneficios da sanidade privada”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar