Acusan a Feijóo de “mentir” porque “o estado non ten feito absolutamente nada para solucionar o drama das preferentes”

Acusan a Feijóo de “mentir” porque “o estado non ten feito absolutamente nada para solucionar o drama das preferentes”

Acusan a Feijóo de “mentir” porque “o estado non ten feito absolutamente nada para solucionar o drama das preferentes”

Juan Carlos Francisco sinala que a Comisión Europea e Almunia “dificilmente poden bloquear unha proposta que non lle teñen enviado dende o Goberno central”

Reclámalle ao presidente da Xunta que remita unha proposta considerando aos estafados “como depositantes e non como investidores” para abrir a devolución dos cartos bloqueados por NGB

O portavoz de Consumo do Grupo Socialista, Juan Carlos Francisco Rivera, acusou hoxe ao presidente da Xunta de “mentir” xa que a suposta proposta para resolver a fraude das participacións preferentes de NGB “non existe”. Dixo que “o Estado non ten feito absolutamente nada para solucionar este drama” mais alá de “desviar a atención das súas propias competencias á Comisión Europea”.

O responsable socialista emprazou ao presidente da Xunta a facer pública a suposta proposta enviada á Comisión Europea polo Goberno central, que é quen ten competencias, ou polo presidente da Xunta. Juan Carlos Francisco avanzou que “non existe tal proposta, Feijóo minte e o Estado non fixo absolutamente nada” diante da Comisión Europea para solucionar estaa cuestión.

Neste sentido, dixo que Feijóo está a utilizar a Almunia e á Comisión Europea como “chivo expiatorio” para fuxir deste problema, e explicou que “non ten bloqueado nada porque quen ten a responsabilidade de plantexar as propostas non ten plantexado nada”. Subliñou que “dificilmente se pode pronunciar a Comisión Europea sobre algo que non se produciu”.

Advertiu que a realidade é que Feijóo “non é consciente da dimensión e da gravidade da situación dos afectados” que están a vivir un auténtico “drama” ao ter os seus cartos bloqueados pola entidade. Advertiu que as protestas mesmo están lastrando a NGB cunha “imaxe negativa” para continuar coa súa actividade en Galicia.

Solución

Juan Carlos Francisco explicou que a solución a esta situación é posible e reclamoulle ao presidente da Xunta que se dirixa ao goberno central para que emita unha proposta partindo de que os estafados son “depositantes e non investidores”. Sinala que desde este punto abriríase a posibilidade da devolución dos cartos e resolver este “lío económico” definitivamente.

Dixo que “Feijóo non pode actuar como espectador e debe impulsar unha resposta política á situación duns aforradores que teñen dereito á devolución do seu diñeiro”. Rematou que “pode haber unha saída porque estamos a ver cómo invisten 10.000 millóns de euros en Bankia” e engadiu que “por suposto entendemos que os clientes e os depositantes de NGB teñen os mesmos dereitos que os das demais entidades”.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar