Acusan a Feijóo de “mentir” para situar a Almunia como “chivo expiatorio” da falla de xestión dos gobernos central e autonómico coa fraude das preferentes

Acusan a Feijóo de “mentir” para situar a Almunia como “chivo expiatorio” da falla de xestión dos gobernos central e autonómico coa fraude das preferentes

Acusan a Feijóo de “mentir” para situar a Almunia como “chivo expiatorio” da falla de xestión dos gobernos central e autonómico coa fraude das preferentes

Juan Carlos Francisco sinala que o presidente da Xunta é quen ten que xestionar co Goberno de Rajoy unha proposta de solución ao conflito

O portavoz de Consumo do Grupo Socialista, Juan Carlos Francisco Rivera, acusou a Feijóo de “mentir” para “desprenderse da súa responsabilidade” e utilizar ao comisario da Competencia da Comisión Europea, Joaquín Almunia, como “chivo expiatorio” da falla de xestión dos gobernos central e autonómico diante da fraude das participacións preferentes de NGB.

O responsable socialista acusou ao presidente da Xunta de tentar de “escapar das súas responsabilidades unha vez mais” tentando de agochar a “ausencia clamorosa de vontade política do Goberno galego”. Este é o motivo, sinalou, de que tente de argallar unha estratexia política para sinalar a Almunia como “responsable de tódolos males de Galicia”, na “mesma liña que ten seguido antes con Touriño, con Zapatero e con Rubalcaba”.

Lembrou que o presidente da Xunta é quen ten que xestionar unha resolución ao conflito co Goberno central, que “a día de hoxe non ten proposto nada”. En contra do que afirmou hoxe Feijóo na Sesión de Control do Parlamento, dixo que é “absolutamente falso” que a Dirección Xeral da Competencia estea bloqueando a resolución da fraude das preferentes, xa que este órgano “carece de competencia neste sentido”.

Disfrazar a realidade

Lamentou que o presidente da Xunta teña que recorrer a “disfrazar a realidade” esgrimindo “extractos de cartas a conveniencia” que logo négase a facer pública porque “sabe que non constitúe unha proposta formal e sabe que quen ten que facer dita proposta, que é o Goberno de España, en realidade non fai nada”.

Sinalou que “está moi ben enviar cartas aos reis magos” pero engadiu que “a un presidente dunha Comunidade Autónoma como é Galicia esíxeselle mais seriedade e que sexa quen de impoñer unha certa vontade política en Madrid, que é onde cumpre resolver estas cuestións”.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar