Acusan a Feijóo de mentir ao comprometerse a manter as condicións laborais dos funcionarios

Acusan a Feijóo de mentir ao comprometerse a manter as condicións laborais dos funcionarios

Acusan a Feijóo de mentir ao comprometerse a manter as condicións laborais dos funcionarios

Beatriz Sestayo acusa ao goberno galego de ter aplicado un ERE encuberto sobre 251 postos de traballo ao tempo que aplican recortes salariais

A responsable da Área Institucional do Grupo Socialista, Beatriz Sestayo, acusou a Feijóo de “mentir” ao comprometerse, durante a campaña electoral, a manter as condicións laborais dos funcionarios. Sinalou que o compromiso do presidente da Xunta foi desmentido cando aplicaron un ERE encuberto a 251 traballadores e unha nova rebaixa salarial logo das eleccións.

Sestayo criticou que o PP se teña amosado “agradecido” cos empregados públicos “como votantes” para a continuación “tratalos como titulares duns servizos públicos que queren privatizar” provocando o seu deterioro e empeorando a calidade. Sinala que Feijóo “fixo unha promesa que incumpriu”, como lle recordaron os centos de funcionarios que se manifestaron onte no Parlamento e que foron contidos por grilleiras da policía.

Explicou que a resposta de Feijóo co seu compromiso a non aplicar novos sacrificios aos funcionarios foi que “20 días despois das eleccións ameazaron con aplicar 3.000 despedimentos ou un recorte salarial dun 4 por cento de media, chegando en casos ao 7 por cento”. Ademais, lembrou que na pasada semana foi aplicado un ERE sobre 251 postos de traballo “amortizados” ao tempo que recortan os salarios.

A responsable socialista puntualizou que “cando Feijóo dixo que non ía impoñer sacrificios a realidade é que logo das eleccións aplican recortes retributivos e de dereitos”, que “é ao que na linguaxe do PP se refiren cando falan de optimización e racionalización de postos de traballo”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar