Acusan a Feijóo de “liderar a reforma liberal da sanidade” de España

Acusan a Feijóo de “liderar a reforma liberal da sanidade” de España

Acusan a Feijóo de “liderar a reforma liberal da sanidade” de España

Modesto Pose critica os recortes “ineficaces e innecesarios” na sanidade pública cando a realidade é que a sanidade pública galega está “subfinanciada”


O PP rexeita unha proposición do PSdeG que instaba á Xunta a desbotar medidas discriminatorias contra os galegos nas prestacións asistenciais en xeral e farmacéuticas en particular

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Modesto Pose, acusou a Feijóo de “liderar a reforma liberal da sanidade” como avanzadilla das reformas privatizadoras do Sistema Nacional de Saúde. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei do PSdeG para que a Xunta rexeitara discriminatorias para os galegos nas prestacións asistenciais en xeral e farmacéuticas en particular que foi rexeitada polo PP.

O responsable socialista advertiu que os recortes que o PP está a impulsar na sanidade pública “non teñen sentido” por canto a sanidade pública está “subfinanciada”, e advertiu que están a seguir en Galicia o “dogma neoliberal” dirixido a adelgazar a sanidade pública. Criticou o “cinismo” amosado polo PP cando reducen este servizo público e “aseguran que é polo seu ben, para salvala e facela mais sostible”.

Pose advertiu que “a discriminación dos galegos e españois en función da renda non vai na boa dirección”, e lembrou que Galicia é a autonomía co menor porcentaxe de gasto público dedicado á sanidade, cun 36,6 por cento do PIB fronte ao 37,7 por cento de media do Estado. Cualificou de “mentira” que o gasto sanitario estea disparado e sexa insoportable, como ten afirmado o PP.

O parlamentario socialista explicou ademais que Galicia destinou á sanidade un total de 1.266 euros per cápita no ano 2011, menos que a media do Estado, que se situou nos 1.288, mentres autonomías como Asturias ou País Vasco se situaron nos 1.465 e 1.563, respectivamente.

Ademais, explicou que España atópase por debaixo da media da UE tanto en gasto sanitario público, como na relación paridade – poder de compra ou no tocante ao crecemento do gasto, que en España é do 2,7 por cento anual fronte ao 4,1 por cento da OCDE, mentres “o gasto privado creceu en España mais que en ningún país da UE”.

Desmentiu tamén que a UE e o BCE “obriguen” a recortar 7.000 millóns de euros na sanidade pública, e lembrou que Feijóo atopou unha débeda de 3.900 millóns de euros acumulados dende o comezo da Comunidade Autónoma e só tres anos despois incrementouna ata os 7.000 millóns de euros “e ninguén sabe para qué os utilizaron”.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar