Acusan a Feijóo de falta de compromiso co agro e a gandería, como queda reflectido nos orzamentos de 2013

Acusan a Feijóo de falta de compromiso co agro e a gandería, como queda reflectido nos orzamentos de 2013

Acusan a Feijóo de falta de compromiso co agro e a gandería, como queda reflectido nos orzamentos de 2013

Pablo García reuniuse cos responsables de UA, XXAA e SLG e comprometeuse a levar as súas reivindicacións á Comisión de Orzamentos

O portavoz de Agricultura do GP Socialista e os sindicalistas agrarios detectan que non existe unha acción da consellería por áreas prioritarias e preocúpalles non poder acceder a axudas comunitarias por non contar co apoio económico da Xunta

O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, reuniuse cos responsables das centrais agrarias Unións Agrarias, Xóvenes Agricultores e Sindicato Labrego Galego para poñer en común as opinións sobre os Orzamentos da Consellería de Medio Rural e do Mar para 2013.

O balance xeral é coincidente para os socialistas e os sindicatos do agro. Son uns presupostos caracterizados polo “continuísmo”, sometidos a unha redución porcentual das partidas orzamentarias co único criterio de cadrar as contas. “Non existe priorización algunha dos investimentos”, critica García, que considera esta circunstancia unha proba da falta de interese da Xunta polos problemas do sector agrogandeiro.

Critican tamén socialistas e sindicatos agrarios a “perda de acceso a programas subvencionados pola Unión Europea porque a Xunta non contempla o abono da parte que lle correspondería afrontar”, o que “deixa aos gandeiros e agricultores galegos en peor posición que a dos seus veciños comunitarios e mesmo doutras comunidades autónomas do Estado”, afirma Pablo García.

Tamén existe unha coincidencia plena respecto aos incumprimentos de Feijóo respecto ao medio rural, “xa que reduce as partidas destinadas á consolidación dunha base territorial e respecto á industrialización esta non ten un reflexo nos Orzamentos”, denuncia o parlamentario socialista.

Pablo García critica que “Feijóo fale do sector gandeiro como un sector clave e prioritario, pero demostra nos Orzamentos que cando ten a oportunidade non o cree así”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar