Acusan a Feijóo de estafa electoral aos empregados públicos aos que prometera en campaña que non sufrirían recortes

Acusan a Feijóo de estafa electoral aos empregados públicos aos que prometera en campaña que non sufrirían recortes

Acusan a Feijóo de estafa electoral aos empregados públicos aos que prometera en campaña que non sufrirían recortes

Beatriz Sestayo esixe responsabilidades ao presidente galego, que en 20 días pasou de prometer manter intactas as súas condicións laborais a proceder ao recorte salarial

A portavoz de Administracións Públicas do Grupo Parlamentario Socialista, Beatriz Sestayo, ven de esixir ao presidente da Xunta, Núñez Feijóo, “responsabilidades” pola “estafa electoral” que fixo aos empregados públicos, anunciando reiteradamente na campaña de Autonómicas que “non se lles esixirían máis sacrificios”.

A parlamentaria recriminou o cambio de actitude do Goberno galego en canto rematou o período electoral ao Director Xeral de Función Pública, que comparecía en para contestar unha pregunta do Grupo Socialista. “Como mudou a situación de solvencia de Galicia en 20 días!”, ironizou a deputada ao referirse á promesa, antes da campaña electoral, manter intactas as condicións laborais dos empregados públicos para proceder ao recorte salarial 20 días despois das eleccións autonómicas.

A “mentira de Feijóo” se estende tamén ás declaracións feitas para contrarrestar a contestación social dos primeiros recortes na Administración. Daquela convidaba o Presidente da Xunta a optar entre recortes nos salarios ou nos empregos. Un ano despois, rexeitada esta oferta polos representantes sindicais o PP decide “aplicar as dúas opcións: recortan a retribución e o emprego público”, afirma Sestayo.

A portavoz de Administracións Públicas socialistas fixo fincapé na “sensibilidade” dos populares á hora de fixar o persoal ao que vai afectar a amortización de 250 postos de traballo. “Aplican o recorte sobre ás persoas que atenden á Dependencia”, denuncia Sestayo.

A deputada socialista non admitiu a resposta do Director Xeral da Función Pública argumentando que se tratan de postos baleiros. Sestayo convidou ao representante do Goberno comparecente a coñecer, co resto da comisión parlamentaria, “ás persoas, con nome e apelidos que aínda agora están a traballar con persoas discapacitadas, en centros de día, ou avaliando a dependencia”. Acusou a Barreiro de acuñar un novo termo do PP para definir aos traballadores públicos: “persoas valeiras”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar