Acusan a Feijóo de “entorpecer” a sanidade pública anunciando a privatización de servizos e dificultando a atención a emigrantes

Acusan a Feijóo de “entorpecer” a sanidade pública anunciando a privatización de servizos e dificultando a atención a emigrantes

Acusan a Feijóo de “entorpecer” a sanidade pública anunciando a privatización de servizos e dificultando a atención a emigrantes

Modesto Pose salienta que a redución das consultas corresponde á diminución da actividade mentres empeoran as esperas sanitarias pola xestión da Xunta

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Modesto Pose, acusou a Feijóo de estar a “entorpecer o funcionamento normal da sanidade pública” mentres as esperas continúan aumentando. Esta é a consecuencia, dixo, da privatización de servizos sanitarios, das dificultades impostas á atención aos inmigrantes ou a deficiente aplicación do sistema informático “Ianus” por parte da Xunta.

O responsable socialista interveu na comparecencia da directora xeral do Sergas na Comisión de Sanidade de hoxe para dar conta da actividade realizada en 2011, nun debate no que Pose criticou a estratexia do presidente da Xunta de anunciar privatización de servizos do Sergas porque “a relación entre o médico e mailo paciente deteriórase por estas cousas, e vostedes son responsables de xerar este clima”.

Ademais, advertiu que “están conseguindo o que querían” ao impedir aos profesionais pedir probas diagnósticas ou derivar a pacientes inmigrantes. Sinalou tamén a escasa atención do goberno galego á implementación do programa informático Ianus, que “malia ser un avance, convértese nun viacrucis diario” xa que ante cada erro ou falla nos datos que “non aparecen” os profesionais “non teñen con quén falar”.

O parlamentario socialista denunciou ademais unha diminución das consultas e das intervencións programadas pola diminución da actividade na saúde pública, e ironizou co feito de que “pode ser que diminúan as patoloxías”. Aludiu así ao contraste entre os datos presentados hoxe pola Xunta e as cifras do INE correspondentes a 2009, e esixiulle ao goberno galego que “tome os datos como algo serio”.

Pose advertiu que entre os datos do INE de 2009 e os feitos público hoxe hai “menos intervencións cirúrxicas, menos consultas, menos citas de atención primaria e menos gasto en atención sanitaria por habitante”.

Lembrou así mesmo que as listas de espera “lonxe de mellorar, empeoran”, xa que a diminución das cifras de espera por prioridade 1, a Xunta agocha as cifras corespondentes ás esperas non estruturais, que “temos rumores de que pasaron do 40 ao 60 por cento. Acusou á Xunta de ter implantado este sistema para diminuír de xeito artificial as esperas sanitarias, impedindo á oposición comparar os datos publicados.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar