Acusan a Feijóo de converter a política social en beneficencia

Acusan a Feijóo de converter a política social en beneficencia

Acusan a Feijóo de converter a política social en beneficencia

Beatriz Sestayo presenta unha batería de preguntas na Comisión de Política Social de hoxe sobre o colapso da Renda de Intervención Social en Galicia

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Beatriz Sestayo, acusou a Feijóo de converter a política social da Xunta “en beneficencia”. Así o dixo no debate dunha batería de 7 preguntas orais sobre o colapso da Renda de Integración Social en Galicia presentadas pola parlamentaria socialista na Comisión de Política Social que se celebrou hoxe.

A parlamentaria socialista dixo que a demora na atención da Risga, unida á falla de persoal e de recursos económicos “levan a Galicia a unha situación de pobreza social só equiparable á predemocracia”. Acusou ao goberno galego de ter suprimido os equipos de inclusión social en Galicia, colapsando a Risga, que “actualmente non da atendido á metade dos demandantes en Galicia”.

Sestayo acusou á Xunta de ter reducido as políticas de loita contra a pobreza e a exclusión social nun 60 por cento, “desmantelando programas enteiros de itinerarios de inserción sociolaboral, programas de atención de persoas sen teito e mesmo descoidando a atención ás familias que quedan á marxe da bandeira do líder do PP”.

Engadiu que “mentres os comedores sociais privados se desbordan, Cáritas explica no seu último informe que está a superar calquera previsión, e mentres os sen teito carecen en Galicia de calquera tipo de política pública, o goberno do PP “optou por instaurar as políticas ultraliberais, clasistas e casposas, abandonando as políticas públicas e optando pola limosna”.

A parlamentaria socialista preguntoulle hoxe á Xunta polos datos referidos ás solicitudes presentadas á Risga e a súa tramitación nas catro provincias galegas, así como na cidade de Ferrol e as comarcas de Ortegal e Ferrolterra. Estas propostas foron presentadas na Comisión logo de que a Xunta se negara a dar resposta por escrito.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar