Acusan a Feijóo de afastar dos cidadáns o cumprimento das obrigas tributarias suprimindo as 42 oficinas tributarias comarcais

Acusan a Feijóo de afastar dos cidadáns o cumprimento das obrigas tributarias suprimindo as 42 oficinas tributarias comarcais

Acusan a Feijóo de afastar dos cidadáns o cumprimento das obrigas tributarias suprimindo as 42 oficinas tributarias comarcais

María José Caride, deputada socialista que defendeu en Comisión unha iniciativa para a constitución da Axencia Tributaria Galega, asegura que o aforro de 15M€ pretendido con esta medidas o imos pagar a cidadanía en viaxes e xestorías

Os socialistas reproban que os populares non apoien realización dun estudo específico da economía mergullada e do fraude fiscal en Galicia e falen na súa emenda de “eventual fraude”, negando a existencia de fraude fiscal en Galicia

A parlamentaria socialista, María José Caride, acusou ao Goberno de Feijóo e ao Partido Popular de pretender “afastar á cidadanía do cumprimento das obrigas tributarias, como tamén o queren facer coas xudiciais”, neste segundo caso a través do proxecto de modificación da Planta Xudicial.

O Presidente galego anunciara no mes de maio a creación da Axencia Tributaria Galega (ATG), o que suporía un aforro de 15M€ en catro anos mediante a eliminación das 42 oficinas de recadación repartidas polas distintas comarcas de Galicia.

Na práctica, isto supón aos cidadáns o desprazamento ás capitais de provincia para o cumprimento das súas obrigas tributarias, ou ben delegalas nunha empresa que lla entregue ou a cumprimente pola vía telemática.

Por esta razón Caride recrimina a Feijóo que “ese aforro de 15M€ anunciado coa eliminación das oficinas o van pagar os cidadáns”, a través dos seus desprazamentos ou pola contratación de servizos.

Tamén reproba a deputada socialista que o modelo de Axencia Tributaria de Galicia dos populares deixe un mapa territorial inferior ao da axencia estatal.

LOITA CONTRA O FRAUDE

A Axencia Tributaria de Galicia xa debera estar funcionando, se nos atemos ao feito de que a súa creación xa se regula na Lei 15/2010 de acompañamento dos Orzamentos de 2011.

María José Caride encadra o anuncio de Feijóo na necesidade do presidente de facer algún anuncio “porque os consellos están baleiros de contido”.

Tamén daquela existía en torno ás medidas contra a fraude fiscal e que o Goberno de Rajoy “acabou co anuncio de Facenda na que se vostede ten un lote de diñeiro negro, pagando o 10% nos esquecemos de todo”, ironizou a deputada socialista.

María José Caride esixiu ao Goberno galego “que deixen de enredar” e constitúan a ATG, cuxo funcionamento regula a cita Lei 15/2010. E neste sentido propuña á comisión a proposición non de lei pola que se instaba á Xunta a constituír a Axencia Tributaria de Galicia no primeiro semestre do ano.

A iniciativa esixía tamén a realización dun estudo específico da economía mergullada e do fraude fiscal en Galicia, que sería presentado no Parlamento no terceiro trimestre deste ano. Dito estudo permitirá definir os obxectivos e plans de loita contra o fraude fiscal que deberá desenvolver a Axencia Tributaria de Galicia. E non tratar este fenómeno como “eventual” como pretendía o Grupo Popular a través dunha emenda. “Están a insultar a intelixencia dos galegos e das galegas se consideran que en Galicia só hai fraude fiscal eventualmente”, acusou Caride aos populares.

A deputada socialistas recordou que o anuncio do Presidente da Xunta de que a constitución da Axencia Tributaria de Galicia logo do Consello da Xunta incluía un incremento da recadación derivada da loita contra a fraude fiscal de 20M€ ao ano. Unha cantidade que parece “cativa” aos socialistas, logo de que desde Facenda se fala de 200M€.

A iniciativa defendida por Caride demanda que a Axencia Tributaria de Galicia facilite á cidadanía o cumprimento das obrigas fiscais mantendo ou mellorando o mapa actual de oficinas liquidadoras e facilitando o acceso telemático. Se evitaría así o peche das 42 oficinas anunciado por Feijóo.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar