Acusan á conselleira do mar de “chulear” aos sindicatos e “rirse do estado de necesidade das mariscadoras”

Acusan á conselleira do mar de “chulear” aos sindicatos e “rirse do estado de necesidade das mariscadoras”

Acusan á conselleira do mar de “chulear” aos sindicatos e “rirse do estado de necesidade das mariscadoras”

A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira, acusou á Consellería do Mar de “chulear” aos sindicatos e “rirse do estado de necesidade das mariscadoras”. Así o dixo logo de coñecer o comunicado da Consellería do Mar no que renega dos acordos acadados cos sindicatos a semana pasada para restituír o plan de pensións das marsicadoras”.

Soneira dixo que “esta é a guinda de toda unha serie de despropósitos que caracterizan a acción desta Consellería e do Goberno de Galicia: improvisación”. Criticou a frivolidade irresponsable e a incapacidade na xestión amosada polo departamento que “fai que sexa incapaz de executar o 60 por cen do seu orzamento anual” deixando ao mesmo tempo “abandonados e desprotexidos” aos homes e mulleres que traballan no mar.

A parlamentaria socialista criticou que a conselleira, a través do seu secretario xeral, se teña “chuleado dos representantes sindicais das mariscadoras e rise do estado de necesidade de moitas delas”.

Sinalou que “nunca un goberno utilizou nin estes modos nin estas formas na súa acción política, empregando o desprezo como método, a soberbia como mecanismo para sobrevoar os problemas, o sectarismo como fío condutor da súa acción e o revisionismo patolóxico para tratar de anular toda acción do anterior goberno socialista”.

Desprotección

Sinalou que con decisións como esta, ou como coa anulación do seguro colectivo de accidentes, “deixan desprotexidas máis de 5.000 mariscadoras galegas e a tódolos galegos enrolados en buques abandeirados en terceiros países, como o mariñeiro galego desaparecido en augas de Senegal, que quedan ao albur do azar sen ningún seguro que lle preste axuda e amparo en momentos tan difíciles aos seus familiares”.

Soneira dixo que, chegados a este punto, “xa non chega con pedir responsabilidades á conselleira do Mar, esiximos directamente ao presidente da Xunta que se tome os problemas das xentes do mar en serio e que asuma a súa responsabilidade como presidente do Goberno”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar