Acusan a Baltar de xestionar a deputación de Ourense “de maneira clientelar, dilapidadora e daniña para os ourensáns”

Acusan a Baltar de xestionar a deputación de Ourense “de maneira clientelar, dilapidadora e daniña para os ourensáns”

Acusan a Baltar de xestionar a deputación de Ourense “de maneira clientelar, dilapidadora e daniña para os ourensáns”

María Quintas sinala que cada ourensán ten que pagar 92 € para os salarios dos “enchufados” por Baltar para montar un entramado caciquil presuntamente corrupto na Deputación de Ourense

Sitúa a Feijóo como “colaborador necesario por acción e omisión” das prácticas “cuasi mafiosas” que fixeron da Deputación un “instrumento inservible” para os ourensáns

A parlamentaria socialista María Quintas acusou a Baltar de xestionar a Deputación de Ourense “de maneira clientelar, dilapidadora e daniña para os ourensáns e as ourensás”. Así o dixo na comparecencia do presidente do ente na Comisión de Orzamentos do Parlamento de Galicia, na que advertiu que o gasto en persoal supón un 42,5 por cento do orzamento a gasto en persoal.

Quintas dixo que Feijóo é “colaborador necesario por acción e omisión” das prácticas de Baltar, xa que “leva abrazado ao caciquismo e ás irregularidades” dende o principio. Denunciou que “o PP utilizou aos ourensáns para os seus fins particulares, mentres Ourense renuncia de forma inequívoca ao futuro, con 30.407 desempregados en 2012, un 8 por cento mais que en 2011, e con 13.000 persoas sen ningunha prestación económica.

A responsable socialista explicou que cada ourensán terá que pagar en 92 euros para financiar os salarios dos “enchufados” por Baltar na Deputación, un gasto que nas outras tres provincias galegas é de 49 euros. Criticou que o actual presidente do ente teña utilizado os orzamentos para financiar un “entramado caciquil presuntamente corrupto” en lugar de para mellorar a situación económica da provincia.

Criticou que nin Baltar nin os seus vicepresidente manteñan os seus salarios intactos mentres o 80 por cento dos orzamentos de 2013 é destinados a gasto improdutivo, co que resta tan só un 15 por cento para investimentos na provincia. Denunciou que teñan feito da deputación “un instrumento inservible” mentres “por decreto, malgastan o diñeiro dos ourensáns para favorecer intereses persoais e electorais”.

Ademais, dixo, “utiliza as vidas dos traballadores como coartada para dar solución ao despilfarro fachendoso da familia”, enganando ao anunciar que a Deputación “é a primeira en aplicar un ERE”, mentres crea novas prazas, como un “asesor técnico da presidencia, cun custe de 80.000 euros ao ano.

Criticou a “frivolidade desmedida” de Baltar ao anunciar axustes de persoal cando mantén a 76 persoas cun custe de entre 50.000 e 60.000 euros ao ano, e no Inorde, cun orzamento de un millón de euros 893.000 están destinados a persoal e 3.000 a investimento. Explicou que o presidente e o xerente deste organismo custan 150.000 euros cada ano.

Récord negativo

A parlamentaria ourensá advertiu que a Deputación de Ourense, con Baltar á cabeza, “bate récords negativos”, como o de ter unha débeda que rolda o cen por cen, unha das deputacións de España con mais empregados por habitante. Engadiu que é a que ten mais traballadores eventuais, ou contar con mais empregados con cargos no PP ou familiares destes, xa que tan só 13 dos 700 empregados non teñen relación directa con este partido.

Criticou que o presidente da Deputación “impide a transparencia e a legalidade nunha institución pública que é de todos, agochándose detrás dos votos maioritarios do Grupo Popular, herdado do seu pai, pecando as portas a crear unha comisión que investigue as contratacións da institución”.

Sinalou que o rexeitamento a esta Comisión foi irregular por apoiarse nos votos de deputados con interese persoal, xa que “só un dos quince membros do grupo de goberno da Deputación de Ourense cumpría o requisito”.

Quintas comezou a intervención de hoxe enviando un saúdo ao alcalde socialista de Vilamartín de Valdeorras, que terá que enfrontarse a unha moción de censura auspiciada por Baltar utilizando “artimañas” para “quebrar a vontade popular”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar