Acusa Feijóo de non ter “nin unha idea, nin unha proposta” para evitar que Galicia rebase cada mes o seu récord histórico de parados

Acusa Feijóo de non ter “nin unha idea, nin unha proposta” para evitar que Galicia rebase cada mes o seu récord histórico de parados

Acusa Feijóo de non ter “nin unha idea, nin unha proposta” para evitar que Galicia rebase cada mes o seu récord histórico de parados

O líder do PSdeG lamentou que o presidente da Xunta principie a lexislatura sen ofrecer unha soa esperanza nin aos parados nin ao país mentres sigue “batendo tódolos récords negativos de Galicia

Denunciou que a Xunta recorta un 82% os fondos para políticas activas de emprego cando hai un 42% máis de parados e, en paralelo, despide aos técnicos de emprego a aos orientadores laborais, “o que supón o desmantelamento dos servizos de orientación en Galicia

Demandou que se invista en políticas activas de emprego e Innovacións, que se suba a inversión en I+D+i, que se impulsen políticas de emprendemento, unha nova fiscalidade e que se aplique un novo imposto á banca “para que a banca pague”

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, acusou hoxe a Feijoo de recortar as políticas activas de emprego mentres o desemprego rexistra datos históricos en Galicia. “Cun 42% máis de parados, recorta un 82% dos fondos para políticas activas de emprego, cunha reducción de 182 millóns de euros nos últimos catro anos” na nosa Comunidade.

Pachi Vázquez recordoulle hoxe a Feijoo, na sesión de control ao Goberno, que o principal problema de Galicia son os 276.000 parados que hai neste momento e advertiulle que no mes de decembro “vaise volver a bater un récord histórico desde que existe rexistro do desemprego en Galicia”, despois de ter sido “a terceira de España na que mais medrou o desemprego no mes de novembro”.

O líder dos socialistas galegos aludiu tamén ao Informe da OCDE, para o ano 2013, “que vaticina un incremento de 6 puntos na taxa do paro, co que Galicia terá 40.000 parados máis”. Dixo que que no ano 2012, “20.000 xovenes altamente cualificados abandonaron Galicia”.

Vázquez acusou a Feijoo de botar á rúa aos 109 técnicos de emprego, e proximamente aos 114 técnicos de orientación laboral, o que supón “en total 223 técnicos e desmantelamento dos servizos de orientación en Galicia”.

Así as cousas o secretario xeral do PSdeG-PSOE e presidente do grupo parlamentario socialista debullou un panorama laboral desolador, á que sumou os “novos despedidos de NGB, o peche de explotacións lácteas, perspectivas negras no sector pesqueiro, destrución masiva de pequeno comercio e liquidación do sistema financeiro”, espetou.

Feijóo enterra o futuro de Galicia

Asegura que Feijoo esta batendo “tódolos records negativos deste pais” mentres os mozos marchan de Galicia “porque Feijoo esta enterrando o presente e o futuro de Galicia”. Por elo, lamentou especialmente que fronte a esta situación, Feijoo non aporte “nin unha idea, nin unha proposta, nin tan so xenere esperanza para este país”.

Demandou que se invistan en políticas activas de emprego, suba a inversión en I+D+i, invista en Innovación, que se impulsen políticas de emprendemento, implante unha nova fiscalidade e aplique un novo imposto á banca “para que a banca pague”. Neste punto acusou a Feijoo “de ser o responsable da destrución do sistema financeiro e de enganar aos galegos cunha auditoría” sobre a fusión das caixas. Rematou sentenciando que “non ten nin unha soa proposta nin unha soa esperanza para os galegos”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar