Acusa á Xunta de facer “maquillaxe, maquillaxe e maquillaxe” para presentar unhas “contas ficticias saneadas” pechando o exercicio a 30 de setembro

Acusa á Xunta de facer “maquillaxe, maquillaxe e maquillaxe” para presentar unhas “contas ficticias saneadas” pechando o exercicio a 30 de setembro

Acusa á Xunta de facer “maquillaxe, maquillaxe e maquillaxe” para presentar unhas “contas ficticias saneadas” pechando o exercicio a 30 de setembro

María José Caride critica a “irresponsabilidade” do PP por rexeitar unha proposta socialista para pagar facturas correspondentes a 12 meses, reducir os retrasos no pago e pechar os exercicio en decembro

A portavoz de Facenda e Orzamentos do Grupo Socialista, María José Caride, acusou ao PP e á Xunta de facer “maquillaxe, maquillaxe e maquillaxe” nas contas públicas ao pechar o exercicio orzamentario en setembro en lugar de decembro. Así o dixo logo de que o PP rexeitara hoxe en Comisión parlamentaria unha proposta socialista para evitar que a Xunta utilice este instrumento para “enmascarar as contas”.

Caride explicou que con adiantando o peche orzamentario, recoñecido a semana pasada pola interventora xeral da Xunta, o Goberno galego quere cumprir co obxectivo de déficit de xeito artificial impedindo a entrada de novas facturas nin obrigas de pago tres meses antes. A responsable socialista criticou que o PP “ente atender aos cidadáns e ás empresas nun momento de crise elixe presentar unhas contas ficticias saneadas”.

Rexeitando esta proposta, explicou, os populares “néganse a pagar cada ano as facturas correspondentes a 12 meses de gasto, pagar a empresas e concellos en 45 días e a familias, autónomos, emprendedores, servizos sociais e políticas de emprego en 30 días e pechar cada exercicio orzamentario a partir da segunda quincena do mes de novembro”, tal e como sinalaba a iniciativa socialista.

Esixiu “un pouco de responsabilidade” e puntualizou que “irresponsabilidade é a de quen maquilla as contas” e puntualizou que “vergonza debera darlles”. Explicou que o adianto do peche supón “non licitar novas obras nin facer novas ordes de gasto”, e engadiu que mentres Galicia entra en recesión económica o goberno galego négase a aceptar facturas correspondentes a compromisos de gasto e anualidades previamente establecidas.

Caride salientou o “papelón” do portavoz do PP, Pedro Puy, quen hoxe interveu para “tentar de emendar á interventora xeral” que confirmou o peche a 30 de setembro, como a Xunta publicara o DOG. Advertiu que “o único que tiñan que facer era traer as certificacións de obra e obrigas pagadas entre o 30 de setembro e o 31 de decembro”, algo que o PP non fixo “porque a realidade é que non aceptaron facturas nestas datas dos capítulos VI e VII –investimento directo e transferencias de capital-”.

A responsable socialista lembrou que mentres o presidente da Xunta pechaba o exercicio a 30 de setembro coa escusa de cadrar o déficit, o PP de Andalucía chámalle “falsear as contas” ao adianto a 30 de novembro nesta Comunidade Autónoma. Mentres, revelou que a Xunta ten remitido este mesmo ano unha orde a tódalas consellerías para reducir o capítulo VI nun 12 por cento e limitar o déficit.

Tamén lamentou o intento de Puy de trastocar a intervención de Pachi Vázquez no Pleno do Parlamento, sinalando que acusara á Xunta de deixar as facturas “no caixón” pero obviando que, na súa intervención, o líder socialista explicara literalmente que era “no caixón dos empresarios, porque non aceptou nin tan sequera que llelas presentaran”, tal e como sinala o Diario de Sesións e os vídeos daquela sesión de control no Parlamento.

Facturas pendentes

A responsable socialista advertiu que, como consecuencia desta estratexia, a Xunta comezou 2012 “cunha mochila moi pesada”, xa que, tal e como anunciou o presidente da Xunta en marzo, tivera que facer fronte a 1.500 millóns de euros de facturas pendentes. Acusou á Xunta de ser “claramente irresponsable abandonando ás empresas e ás familias cando mais axuda precisan”.

Retou á Xunta a presentar as certificacións de obras, os pagos aos concellos e as obrigas recoñecidas neste período no que o orzamento estivo pechado, xa que, de acordo coa interventora xeral, entre o 1 de agosto e o 31 de decembro só executaron o 14 por cento do capítulo VI do orzamento, que equivale a 145 millóns, co que “estamos seguros que si a conta a facemos entre o 30 de setembro e o 31 de decembro a contía será cero”.

Engadiu que “soamente fai falta saír por Galicia e preguntar ás empresas e concellos que executan os capítulos VI e VII cántas certificacións de obra se autorizaron e atoparemos que ningunha”, co agravante de que tampouco foron admitidas as facturas ás empresas que tiveran executado as obras no último trimestre do ano.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar