Acusa a Feijóo de usar a austeridade “como arma para defenestrar o estado de benestar”

Acusa a Feijóo de usar a austeridade “como arma para defenestrar o estado de benestar”

Acusa a Feijóo de usar a austeridade “como arma para defenestrar o estado de benestar”

O secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, acusou a Feijóo de usar a austeridade “como arma para defenestrar o Estado de Benestar”. Así o afirmou nunha cea con militantes de Pontevedra e co candidato á alcaldía desta provincia, Antón Louro.

Neste acto, Vázquez criticou que Feijóo aplique a austeridade soamente aos servizos públicos e ao sistema sanitario e educativo, e defendeu “o modelo social que temos e que tanto costou conseguir, e que ten que ser o noso principal compromiso cos cidadáns”.

“A Feijóo non lle gusta o público, incluídos os concellos”, sinalou o líder socialista, quen engadiu que Feijóo “non quere alcaldes nin concelleiros que lle dediquen tempo aos concellos, a resolver os problemas das cidades e dos cidadáns, senón que quere alcaldes e concelleiros como os de antes, na dictadura”.

Advertiu que Feijóo “quere converter aos concellos en institucións subsidiarias, que se ocupen da limpeza e de organizar as festas” e afirmou que “os socialistas non llo imos permitir”.

“O retroceso no que caeu Galicia nestes dous últimos anos, pode chegar tamén aos concellos se non conseguimos parar estas ansias de aniquilamento municipal” proclamou Vázquez, quen avogou por “concellos dos cidadáns e para os cidadáns”.

Así, salientou que os socialistas apostan por “concellos abertos, participativos e comprometidos co benestar e a calidade de vida dos cidadáns, modernos e con servizos eficaces, e nos que todos podamos vivir e realizarnos dende a igualdade, a tolerancia e o respecto”.

Vázquez incidiu ademais na necesidade de dinamizar a economía local e o emprego dende os concellos, e lembrou que os socialistas, tanto nos gobernos dos concellos, como na Xunta e no Goberno central “cumprimos as nosas obrigas e fumos os que máis investimos nos municipios”.

Salientou que os os alcaldes e alcaldesas socialistas “foron quen mellor aproveitaron estas axudas do anterior Goberno socialista da Xunta e do Goberno central para mellorar as infraestructuras locais, os equipamentos sociais, deportivos e culturais e, sobre todo, para manter as prestacións sociais”.

“Este é o mellor aval para contar cos veciños e conseguir un gran resultado o 22 de maio. É o mellor aval que ten Antón Louro para ser o novo alcalde de Pontevedra”, proclamou.

Fixo por elo un chamamento para afrontar estas eleccións “con humildade, pero sen arredarnos ante as críticas e o xogo sucio do PP”. “Non imos quedar calados ante a mentira e a difamación e imos afrontar estas eleccións con espíritu de victoria”, concluíu.

“Para que gañe Pontevedra e os pontevedreses, non hai mellor opción que Antón Louro e a magnífica candidatura do PSdeG”, sentenciou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar