Acusa a Feijóo de agocharse e fuxir unha vez máis por negarse de novo a compareder no Parlamento para explicar a grave situación económica, social e financeira que vive Galicia

Acusa a Feijóo de agocharse e fuxir unha vez máis por negarse de novo a compareder no Parlamento para explicar a grave situación económica, social e financeira que vive Galicia

Acusa a Feijóo de agocharse e fuxir unha vez máis por negarse de novo a compareder no Parlamento para explicar a grave situación económica, social e financeira que vive Galicia

Os socialistas declaran que dende que Feijoo tomou posesión da presidencia na Xunta de Galicia, a situación social e económica empeorou claramente

O Portavoz do Grupo Parlamentario cifrou en 270.000 o número de novos desempregados dende que Feijoo é presidente e resaltou que o 20% da poboación en Galicia atópase en risco de pobreza

Ante esta situación alarmante, concluíu que Feijoo non pode seguir agochado e negándose a dar conta no Parlamento de Galicia desta grave situación económica, social e financeira

Agochado, en permanente fuxida e afastado dos problemas de Galicia. Abel Losada, o portavoz do Grupo Parlamentario do PSdeG, interpretou a negativa do PP a celebrar un pleno extraordinario sobre a situación económica de Galicia como unha proba máis da estratexia escapista de Feijoo ante a situación máis dramática dende a instauración da democracia. “Feijoo non pode seguir agochado e negándose a dar conta no Parlamento da grave situación económica, social e financeira que está a vivir Galicia”, sentenciou durante a Deputación Permanente.

O Grupo Socialista solicitou hoxe neste órgano a convocatoria urxente dun Pleno Extraordinario para que Feijoo valore a situación económica de Galicia e cree unha Comisión de Investigación sobre a desaparición da caixa galega e o pagamento de indemnizacións millonarias aos seus directivos.

O Portavoz do Grupo Parlamentario Socialista, Abel Losada, tamén solicitou a comparecencia do Presidente da Xunta de Galicia para dar conta da estratexia que vai seguir o goberno galego co obxecto de garantir a permanencia de NovaGalicia Banco como unha entidade viable, autónoma e vinculada ao tecido produtivo e social galego.

Ademais, os socialistas instaron ó goberno galego a levar a cabo un acordo de interposición do recurso de institucionalidade contra os reais decretos que estableceron o copago sanitario e os recortes en educación (Real Decreto Lei 14/2012 de medidas urxentes de racionalización do gasto público no ámbito educativo e Real Decreto Lei 16/2012 do copago sanitario).

O Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE pediu na Deputación Permanente que o goberno galego tome en consideración a Proposición de lei de iniciativa lexislativa popular para a continuidade do programa Preescolar na Casa e do ensino público galego.

Por outro lado, Abel Losada propuxo que, no Pleno Extraordinario que os socialistas piden con urxencia, Feijoo tome en consideración dúas Proposicións de lei mais: a primeira delas sobre a defensa e a promoción da sanidade pública en Galicia e a segunda sobre a reforma do Regulamento do Parlamento de Galicia.

A proposta dos socialistas foi rexeitada a pesar do contexto grave e persistente de crise económica que afecta a España e a Galicia en particular. “A nosa comunidade está caracterizada por un aumento de desemprego superior ao resto de España, un estancamento e retroceso produtivo e unha preocupación alarmante sobre o futuro das nosas institucións financeiras”, explicou Losada.

Os socialistas declaran que dende que Feijoo tomou posesión da presidencia na Xunta de Galicia, a situación social e económica empeorou claramente. O Portavoz do Grupo Parlamentario cifrou en 270.000 o número de desempregados que se sumaron as listas do paro dende que Feijoo é presidente e resaltou que o 20% da poboación en Galicia atópase en risco de pobreza. “O número de fogares onde todos os seus membros están no paro alcanzou os 82.000 e soamente no último ano descenderon 44.639 persoas afiliadas a Seguridade Social”, sentenciou.

Losada lamentou a permanente fuxida de Feijoo (onte mesmo estaba nun novo almorzo informativo en Madrid), mentres Galicia se atopa metida de cheo en recesión, cun PIB que se sitúa, no primeiro trimestre deste ano, no 0,5% e cunha caída interanual superior o conxunto de España. Ademais, Abel Losada declarou que a produción industrial leva vinte meses consecutivos en signo negativo e o descenso no que vai de ano sitúase no 9,8%, moi superior á media do Estado.

Ante esta situación alarmante que vive Galicia, o máximo responsable do Executivo Autonómico “non pode seguir agochado e negándose a dar conta no Parlamento de Galicia desta grave situación económica, social e financeira, nin continuar negando a constitución dunha Comisión de Investigación sobre o acontecido nas caixas de aforro”, sentenciou o portavoz parlamentario do PSdeG.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar