Acuña trasladaralle as demandas do persoal sanitario ao novo conselleiro

Acuña trasladaralle as demandas do persoal sanitario ao novo conselleiro

Acuña trasladaralle as demandas do persoal sanitario ao novo conselleiro

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, asumiu hoxe o compromiso de presentarlle ao conselleiro de Sanidade as reclamacións dos traballadores da sanidade durante a comparecencia que terá lugar no Pleno do Parlamento que comeza o próximo martes.

A deputada socialista mantivo un encontro coa Agrupación de Profesionais da Saúde de Galicia –Prosagal- na que recolleu as principais demandas dos traballadores e traballadoras da sanidade pública de Galicia para presentárllelas ao conselleiro e transformalas en iniciativas parlamentarias.

Os traballadores e traballadoras da sanidade pública advirten así que a administración sanitaria está a facer sistematicamente caso omiso das sentenzas xudiciais en favor dos profesionais polos incumprimentos nos complementos e na concesión de días de libre disposición. Advirte que “resulta máis económico pagar o que lle deben aos profesionais que gastalo en costas xudiciais”.

Acuña trasladaralle ademais ao conselleiro o fondo malestar dos traballadores e traballadoras polo rápido deterioro das condicións laborais, así como a excesiva proliferación de contratos eventuais e mesmo por horas para suplir baixas de persoal sanitario, e nomeadamente a situación dos profesionais dos Puntos de Atención Continuada.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar