Acuña tilda de “mesquiño, miserable, inxusto e inútil” o copago de farmacia hospitalaria

Acuña tilda de “mesquiño, miserable, inxusto e inútil” o copago de farmacia hospitalaria

Acuña tilda de “mesquiño, miserable, inxusto e inútil” o copago de farmacia hospitalaria

Carmen Acuña acusa a Feijóo de “sacrificar aos mais débiles” para “colgarse a medalla” de ser a primeira autonomía que aplique o copago

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, cualificou hoxe de “mesquiño, miserable, inxusto e inútil” o copago de farmacia hospitalaria que Feijóo quere aplicar dende mediados de xaneiro. Acuña presentou unha serie de iniciativas parlamentarias nas que acusa a Feijóo de “sacrificar aos mais débiles” para “colgarse a medalla” de ser a primeira autonomía en aplicar esta medida.

A responsable socialista lamentou que en lugar de aliñarse coas comunidades autónomas do PP que se opoñen ao copago, Feijóo estea “ás carreiras para cobrar antes”. Lembrou que a medida que non supón aforro significativo -300.000 euros cando o Sergas ten un orzamento de 3.326 millóns- e non resulta disuasoria por canto afecta a fármacos vitais que os doentes teñen que usar polas súas doenzas.

Acuña instou ao goberno galego a ser “respectuoso coa obxección de conciencia dos médicos que non queiran aplicar esta medida, tal e como foron respectuosos coa obxección de conciencia fronte ao aborto”. Preguntou qué pasará cando algún doente renuncie a pagar, e en concreto si retirarán a medicación, aplicarán listas de morosos nos hospitais”.

A portavoz de Sanidade esixiulle ao goberno galego que diga a verdade sobre “os próximos copagos” que está preparando na sanidade galega, e apuntou á nutrición enteral ou ao transporte sanitario.

Reclamoulle á Xunta que non aplique este copago cualificado de abusivo polas organizacións de doentes crónicos que mantiveron un encontro co secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, a propia Acuña e a portavoz de Política Social no Parlamento, Carmen Gallego.

Privatizacións

Carmen Acuña advertiu que esta medida vai na liña de deteriorar a calidade da sanidade pública para proceder á súa privatización, como está demostrando coa blindaxe do concerto co hospital privado Povisa, en Vigo, para os próximos 15 anos, logo de reducir camas no novo hospital, que tamén privatizou facéndoo “mais caro e mais pequeno”.

A responsable socialista sinalou que o afán privatizador do presidente galego chega a privatizar os servizos de limpeza, seguridade, e consumo de auga, luz e gasóleo dos novos edificios do Hospital de Ourense “mesmo antes de telos construído”. Criticou que Feijóo se presente como “garante da sanidade pública cando a verdade é que leva toda a vida privatizándoa”.

32641281A

Artigos relacionados

2 Comentarios

    • Blas
      Xaneiro 13, 2014 a 15:53

      José Luis, o repago é o pagamento dun servizo ou produto que xa se pagou anteriormente.

      Grazas por participar

Deixar a resposta

Pechar